14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

como un proceso de guía e dirección por parte do profesor, á vez como mediador na

construcción do coñecemento, estamos facendo referencia a un contexto, ónde os

pensamentos que teña o profesor, e a súa planificación con resepecto a éstes e o contexto

de ensino e aprendizaxe, vai a constituir unha parte considerable do contexto psicolóxico

e da influencia que exercen os mesmos sobre a toma de decisións e a concreción das

actividades educativas que se van levar a cabo; nese contexto ensinan os profesores e

aprenden os alumnos.

Un obxectivo importante que temos, á hora de prantexarnos os procesos de

pensamento do profesor, é o de comprender millor, cómo e por qué o proceso de ensino

ten a apariencia e o funcionamento que constatamos o caracterizan, a hora de proceder a

súa observación. Si temos en conta o que decíamos no capítulo 2 da Parte I, cando

falábamos do modelo medacional, as decisión docentes son, polo tanto, resultado das

expectativas do profesor, das creencias, teorías e actitudes sobre a educación, da

disponibilidade de estratexias e materiais, e da natureza das tarefas de instrucción, o que

implica ter en conta o coñecemento destes factores á hora de analizar o proceso de ensino

e aprendizaxe que os mesmos están afectando na súa concreción.

Os procesos de pensamento do docente (creencias, expectativas, teorías e

actitudes frente ó ensino), non poden ser observados, xa que ocurren na cabeza do

profesor, pero sí poden ser un elemento importante de apoio á hora de avaliar as accións

ou actividades que se observan na aula, e que están determiñadas en gran medida polos

mesmos, xa que os docentes, ademáis de elaborar a súa planificación de xeito concordante

co seu pensamento (lembrémonos dos resultados das investigacións expostas

anteriormente), actúan de determiñadas maneiras na aula, e a súa conducta produce

efectos observables nos alumnos.

O pensamento do docente xoga un papel importante no ensino, xa que é un

feito que os profesores planifican de destintos xeitos, e os seus plans teñen consecuencias

reais na aula; pensan e toman decisións durante a marcha do proceso educativo, e as

creencias e concepcións que poidan ter, influien de xeito directo nas súas percepcións,

plans e accións que levan a cabo. É o profesor quén interpreta, avalía, e atribuie

siñificacións ó que acontece na aula, ás características dos alumnos, ás características do

contexto de ensino, e á importancia que teñen cada unha na marcha do proceso educativo,

factores que tradúcensen en elementos que tendrá en conta para elaborar os xuicios

pertinentes e desenvolver as súas actividades pedagóxicas.

- 160 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!