14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

avaliación do proceso educativo, ou da correspondencia que poida ter neste a mesma

corrección, se nón que se deriva cara a avaliación do resultado final da aprendizaxe

conseguida polo alumno, e non dun xeito contínuo e formativo, aspecto éste que está en

consonancia co factor 2, onde se observa que se realizan exames finais. Neste factor,

aparece unha variable que correlaciona negativamente coas anteriores, que é, si na aula

hai moitos alumnos con problemas de disciplina (media de 1,55 dun intervalo de 1-2),

variable que nos afirma o factor, no senso de que a intervención do profesor é dun xeito

controlador da actividade na aula, á vez que afirmanos e está en consonancia cos factores

anteriores, nos que se dá unha existencia e preponderancia de normas impostas polo

profesor, sobre unha gran directividade do mesmo, no que caben poucos problemas de

disciplina, ó levar a cabo unha función tan directiva e supervisora.

En síntese, neste análise factorial, os datos que aparecen permítennos

constatar, que en primeiro lugar, dáse unha consonancia dos resultados da análise

factorial desta Escala cos Análises Factoriais feitos sobre os rexistros de observación

realizados anteriormente, o que dota de consistencia e cohesión ós instrumentos utilizados

na nosa investigación; en segundo lugar, os datos parecen aportar unha certa constancia

que apuntan cara os resultados das investigacións sobre a planificación do ensino (entre

outras: YINGER, 1977; citado no cap.8.2), nas que se detecta que a'actividade' é a

unidade básica e ponto de partida da planificación, centrándose ésta sobre o

desenvolvemento e planificacións das 'actividades' que se van realizar no sucesivo,

deixando de lado todo o que respecta á obxectivos, contidos e metodoloxía, é dicir, facendo

da planificación unha mera exposición de 'actividades' que se van realizar na aula, baixo

os auspicios do profesor, e nas que o alumno ten a mera participación de seguir ou facer

as tarefas conforme Ile manda o profesor; de ahí a importancia que teñen a disposición

física na aula e no contexto dos materiais de aprendizaxe, e de ahí a importancia de que se

conten con moitos materiais e medios didácticos que abran recursos e ofrezan

alternativas de actividade na aula (non debemos de confundir este tipo de actividade que

fai o alumno como un mero executor ou participante nela coa actividade que vimos facendo

relación ó longo da nosa exposición, a actividade mental que produce e conleva á

construcción do coñecemento}. En terceiro lugar, síguense percibindo indicacións que nos

fan inferir que boa parte da planificación do profesor non consta por escrito e máis ben

consta mentalmente, o que fai que as actividades que se realizan na aula determiñen e

fagan modificar os prantexamentos previos do profesor, acomodandose á problemática e a

ocupación que puderan dar lugar ó éxito das tarefas que se realizan. En cuarto lugar,

podemos constatar que existe unha preocupacibn importante pola preparación do

ambiente físico e o sistema social da aula,por parte do profesor, de tal xeito que favoreza

- 206 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!