14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

interactivos, o desenvolvemento para Vygotski terá lugar na transformación da

regulación interpsicolóxica en intrapsicolóxica, aspecto moi importante para a

interacción, xa que destaca como fundamental para a aprendizaxe o establecemento dunha

relación, marco onde se orixina o coñecemento.

Según afirma FORMAN (1984), nun estudo realizado por él mesmo, parece

ser que pódese producir un proceso similar de regulación interpsicolóxica en contextos

cooperativos nos que nengún dos compañeiros pode verse como obxectivamente máis

capaz, pero no que eles mesmos poden asumir destintos roles sociais. Estes tipos de axuda

poden ser parecidos os que denomina Bruner como andamiaxe, que se realiza na

interacción entre iguais, como pasos intermedios entre o feito de dirixir a acción e os

procesos mentais proprios, a partires da linguaxe interna (intrapsicolóxico); como

consecuencia dos resultados aportados no estudo de FORMAN (1984), pódese observar

como aparecen destintas pautas de axuda nas estratexias de resolución de probremas,

primeiro, como procedementos interactivos sociais e logo interiorízandose.

Según afirma COLL (1984), "...a interacción entre iguais, debido a

simetría de principio nas relacións entre os participantés, ofrece unhas condicións

óptimas para que os alumnos aprendan a utilizar a linguaxe en todo o seu valor

instrumental... ", non soio para guiar as proprias accións a través da interacción cos

demáis (a través da linguaxe dos demáis e da propria linguaxe), senón para guiar as

accións dos iguais.

En conclusión, se dende a perspectiva piageteana, o papel dos factores

sociais no desenvolvemento pode resultar útiles para comprender aquelas situacións nas

que se prantexan claramente indicios de conflicto cognitivo, e para comprender as

consecuencias cognitivas doutros contextos interactivos sociais, as formulacibns de

Vygotski parecen ser máis propicias, e así pódenos permitir observar que, dacordo coas

afirmación de FORMAN e CAZDEN (1984), as tarefas cooperativas que requiren de

xeneración de datos, planificación e guía, poden supoñer outro conxunto de valiosas

experiencias para os alumnos, posibilitando unha regulación social que pode chegar a

permitir ós suxetos o dominio de tarefas, que difícilmente son accesibles sen axuda dos

demáis; e ademáis, que poden suministrar ós mesmos medios necesarios para dominar,

por eles mesmos, ditos probremas ou tarefas.

Esto permítelles, por unha banda, observar o proceso de resolución de

probremas e as tarefas cognitivas como unha totalidade, e por outra banda, seleccionar

- 130 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!