14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

unha serie de hipóteses, que expoñemos a continuación:

A) Os profesores poseen ideas concretas e teorías sobre o que é o proceso educativo, e

éstes pensamentos delimitan e perfilan o xeito de actuar do profesor no contexto da

interacción educativa, e polo tanto, no desenvolvemento das súas actividades; créase unha

correspondencia entre os pensamentos do profesor e a práctica educativa, que poden ser

interpretados en base ó tipo de actividade que se desenvolve na aula.

B) O desenvolvemento do proceso educativo ten unha gran coherencia entre os obxectivos

que persegue o profesor e o desenvolvemento que leva a cabo éste nas súas actividades

educativas, o que implica un xeito determiñado de actividade por parte do alumno, tanto de

cara ó profesor, cómo coas tarefas e cos compañeiros. Esta hipótese pode ser

desmembrada en tres postulados:

i) a actividade do alumno está en consonancia coa actividade do profesor.

ii) o tipo de actividade entre os alumnos responde ó xeito de prantexarse e

entender, o profesor, o proceso educativo dun xeito ou outro.

iii) as actividades desenvoltas polo alumno entorno as tarefas, son activida-

des que responden de xeito directo ó prantexamento disposto polo profesor.

C) A influencia do pensamento do profesor será tanto máis forte na práctica pedagóxica,

canto máis interaccionista e intervencionista sexa a súa concepción, é dicir, canto máis

crea o profesor que a actividade do alumno é un elemento esencial do seu prantexamento

pedagóxico, e que a súa intervención ten que chegar a tódolos alumnos, sobre os que pode

levar a cabo modificacibns, máis efectiva será a súa práctica pedagóxica, e máis se

sentirá implicada na mesma.

D) O pensamento dos alumnos garda unha correspondencia co xeito de levar a cabo as súas

actividades na aula, e co grado de interacción que desenvolven no proceso educativo. Os

alumnos percibirán e implicaranse no seu proceso de aprendizaxe conforme perciban a

importancia que ten para eles esa aprendizaxe, e dependendo desto, sentiranse máis ou

menos implicados nas actividades educativas que conlevarán no mesmo. Neste caso,

postulamos que os alumnos tenderán a formarse un concepto da aprendizaxe das destintas

matérias conforme se vexan incluídos na interacción co profesor no desenvolvemento das

tarefas ĉorrespondentes ás mesmas.

E) As situacións de ensino e aprendizaxe están determinadas polo xeito de desenvolver as

tarefas ou actividades entorno ó obxeto de coñecemento, por unha banda, no que fai

- 174 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!