14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

facilitados pola mesma, intentando resolver os probremas cos que nos atopamos, ou ben,

utilizando o noso coñecemento, ou ben, creando novos esquemas de coñecemento que nos

sirvan para resolver eses novos conflictos presentados. Se conseguimos por algúnha desta

medidas, compensar estas perturbacións, estaremos realizando unha aprendizaxe que nos

fará sentir motivados para superar os probremas presentados, e esto soio será posible,

cando estes probremas ou perturbacións non nos sean nen moi difíciles nen moi fáciles, e

entren no grado de desaxuste óptimo que nos posibiliten poder superalos.

A este respecto, existe unha disposición natural que nos obriga, en

condicións normais, a interesarnos polo obxeto novo e a superar as perturbacións ou

probremas que se nos presentan (DELVAL, 1983); cando o conseguimos, sentímonos

satisfeitos e motivados polo interés que aportamos para aprender. No proceso educativo,

para que esta motivación se dé en condicións idóneas, é necesario que se respeten unha

serie de presupostos no proceso educativo á hora de que o profesor actúe e interveña,

tanto na fase de planificación como na de organización, que corresponda ó funcionamento

da interacción educativa.

Unha primeira condición que se debe de respetar, de cara a que os alumnos

se sintan motivados para aprender e adquirir o novo coñecemento, é que o profesor

estableza uns nexos de unión ou conexione a aprendizaxe que se Ile quere trasmitir coa

aprendizaxe ou conxunto de aprendizaxes que xa teñen adquirida, é dicir, que poidan

establecer vínculos ou nexos siñificativos co novo coñecemento á hora de asimilalo, por

unha banda, atribuíndolle senso ó que se pretende que aprenda (que depende das

características afectivas e das actitudes xeneradas nél polo proprio ensino), e por outra

banda, que se teña en conta cómo se Ile presenta a nova situación ou contido de

aprendizaxe.

Neste derradeiro caso, cabe volver a incidir sobre as nocións de

desequilibrio e reequilibración, que acabamos de ver no capítulo anterior, e polo que

atañe á hora de presentar os contidos de aprendizaxe, éstes debe ser presentados ós

alumnos de tal xeito, que éstes poidan establecer relacións entre o seu coñecemento e os

mesmos contidos, tendo presente en cada caso o desenvolvemento que teñan nese momento,

de cara a que poidan facerlle frente ás tarefas prantexadas neses contidos escolares, cos

suficintes medios para que poidan superalas.

Unha segunda condición, fai referencia á zona de desenvolvemento próximo,

e tamén eiquí podemos considerar o denominamos como desaxuste óptimo, que fai alusión

- 118 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!