14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Na SEGUNDA PARTE, intentamos definir o noso marco teórico explicativo do que

entendemos aporta a Psicoloxía ó campo da construcción do coñecemento, e máis

concretamente polo que fai referencia á cómo aprende e se desenvolve o individuo, de

xeito que teñamos unha noción clara do que entendemos, cando falamos dunha serie de

términos á hora de establecer a nosa investigación. Pero á hora de plantexar aspectos tan

esenciais como son a aprendizaxe e o desenvolvemento, temos que facer referencia tamén

ó márco xeral onde se circunscriben, co cál teremos que definir e describir cál é este

marco e a forma como se interrelacionan os elementos que o compoñen. Neste senso,

diferenciamos as duas teorías referidas anteriormente, profundizando nas mesmas co

obxeto de poder definir os seus postulados e ver qué aplicación teñen sobre o Proceso de

Ensino e Aprendizaxe, e de xeito máis concreto sobre o proceso educativo escolar.

Queríamos eiquí delimitar específicamente aqueles elementos que están máis relacionados

co ensino e a aprendizaxe escolar, de cara a súa aplicación nesta investigación, sen

embargo, á veces é imposible delimitar ou especificar un elemento se non se teñen en

conta o contextó global dos demáis elementos nos que se enmarca; neste senso, facemos

referencia a unha serie de aspectos que non teñen unha implicación directa co proceso

educativo, pero que non telos en conta sería moi difícil descifrar o delimitar estes

elementos máis relacionados entre sí.

Na TERCEIRA PARTE, recollemos as implicacións que teñen as teorías expostas na Segunda

Parte, e intentamos aplicalas, xa dun xeito específico e concreto ó que é a aprendizaxe

escolar, establecendo unha serie de elementos clave, sobre os que se desenvolven as

actividades educativas, neste senso, a interación profesor-alumno e a interacción

alumno-alumno, que delimitan e definen os tipos de actividades que se realizan na aula,

aspecto éste esencial na nosa investigación, polo que faremos referencia eiquí a diversos

tipos de actividade que configuran distintas formas de entender o ensino, e á vez definen

pedagoxías concretas. A súa vez, ésto fainos ver a importancia de delimitar un marco

específico sobre o cál poder analizar e definir as destintas perspectivas e modalidades

educativas.

Na CUARTA PARTE, entramos no que é a nosa investigación ou marco experimental

definido, e retomando as consideracións previas, intentamos, nun primeiro momento,

especificar cáles son os aspectos esenciais que recollemos, para ir definindo a nosa

investigación. Neste senso, o noso traballo ten unha serie de estudios, análises e

investigacións precedentes, sobre as cáles fomos delimitando a nosa análise, partindo dun

contexto global e duns obxectivos moi amplios, até a definición precisa do noso marco

experimental. Estes estudios, así como os diferentes plantexamentos que propoñen,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!