14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

con él; a nivel de relación escolar a través dos contidos, os alumnos perciben ó profesor

como preocupado polo que fan, e dedicado máis cara ás tarefas escolares que a interacción

con eles, como así pode verse nas variables que implica unha interacción co profesor,

sobre todo na relación individual, na motivación, e nas estratexias particulares

desenvoltas para facilitar a comprensión do alumno. En terceiro lugar, cabe resaltar que

non aparece neste factor nengunha variable relacionada específicamente cos contidos da

aprendizaxe escolar, e todas aquelas variables que aparecen fan relación ó conxunto da

conducta do profesor na aula, algo moi sintomático. En cuarto lugar, percíbese no

conxunto das variables aparecidas como unha intervención do profesor de forma directiva

(móstrase firme), correctiva (dálle importancia á presentación), nunha relación de

xeito vertical (explica de xeito ordenado, a pasos), así como nunha relación que implica

unha importante intervención (explica con distintas palabras). En resumen, neste

primeiro factor, o alumno percibe o mundo da aula, dende a perspectiva da conducta do

profesor, algo que pode denotar que soio existe unha relación de tipo profesor-alumno, e

a través desta conducta percibe as actividades educativas, pero, volvemos a incidir que

non aparecen as variables que fagan referencia ós contidos sobre os cáles levanse a cabo

as distintas actividades; ademáis, existe unha especie de diferencia siñificativa entre a^

persoa, como algo cariñoso, simpático, eloxiador, e o educador, en canto actúa como

preocupado e interesado pola aprendizaxe dos alumnos, non eloxiador, firme, correctivo e

non dispoñible individualmente para o alumno. É de destacar a puntuación da media, en

canto se refire á estimulación que percibe o alumno do profesor, como algo siñificativo

debido a súa media, o que é moi importante para a aprendizaxe, algo que tamén aparece na

percepción que ten o alumno dos resultados do seu traballo (ver a media das fallas que nos

sole ver, tamén cunha tendencia baixa).

B) No SEGUNDO FACTOR, denominado como AMBIGUEDADE DE OBXECTIVOS

INSTRUCCIONAIS NA ATENCION GLOBAL DO ALUMNO, observamos como o grupo de

variables que aparecen, fan referencia á aspectos contrarios ós aparecidos no primeiro

factor; neste senso, atopamos unha ambiguedade nos obxectivos instruccionais, derivados

cara a motivación e atención do alumno, e así hai un grupo de variables que fan referencia

á persoa do profesor como, ten malhumor (media de 2,7), sole darme medo (media de

2,7), pensa que somos tontos (media de 2) e parece que nos ten manía (media de 2,6);

por outra banda hai outro grupo de variables que fan referencia ó papel de instructor,

tales como, enténdeselle mal o que explica (media de 2,78), os seus temas son aburridos

(media de 2,4), sole comprobar si atendemos (media de 1,48), súas clases son

aburridas (media de 2,7) sepamos as cousas ó pé da letra (media de 2), non se preocupa

por cómo vamos (media de 2,2), e non sole dicir nen ben nen mal (media de 2). Podemos

- 220 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!