14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

individuo, así será o grado de asimilación que terá dito obxeto á estructura do suxeto

(FLAVELL, 1985); a acomodación pode implicar a modificación dun esquema para poder

axustarse ás novas situacións, ou a creación dun novo que poida responder á dita

estimulación obxetal.

5.3.1. Factores que influien na adaptación: a evolución dos esquemas.

No terreo do comportamento, podemos referirnos á acomodación como o feito

de que un esquema (ou unha estructura) de asimilación sexa máis ou menos modificado

baixo o efecto dos obxetos que son asimilados; os conceptos de asimilación e acomodación

están moi entrelazados de modo que, a veces, é moi difícil distinguilos. Según afirma

KOPLOWITZ (1981), a asimilación é a modificación das observacións para axustalas ós

modelos internos (esquemas), e a acomodación é a modificación desos modelos internos

para adecualos ás observacións. Neste caso, a adaptación cognitiva, como tamén a

biolóxica, consiste nun equilibrio entre a asimilación e a acomodación, xa que non existe

nen asimilación sin acomodación, nen ésta sen aquela; dende o ponto de vista cognitivo, o

suxeto é capaz de destintas acomodacións variadas, pero sempre dentro dos límites

impostos pola necesidade de conservación da estructura de asimilación determiñada.

A acomodacibn pode ter lugar soio si algo é asimilado, e polo xeral, ocurre

cando 0 obxeto presentado é asimilable polo suxeto ós seus esquemas de coñecemento;

neste senso, para que haia unha adaptación por parte do individuo ós obxetos que se Ile

presentan, é necesario que existan tres factores: (a) un primeiro, que chamaremos

entorno, que afecta ó desenvolvemento dos esquemas, e que Piaget diferenciou en dous, ós

que denomina como entorno físico e social (aínda que éste derradeiro non foi estudado por

él); este entorno non actúa sobre a persoa provocando respostas (como defende a escola

conductista), senón máis ben, a persoa actúa sobre o entorno, e éste afecta ó

desenvolvemento en canto proporciona situacións asimilables a uns esquemas e non a

outros. (b) un segundo factor que influie sobre a evolución do desenvolvemento dos

esquemas, é a maduración, non como un sinxelo proceso de aparición de determinados

esquemas a medida que o suxeto alcanza unha edade determiñada, senón máis ben, a

maduración exerce un papel limitativo, é dicir, que para que certos esquemas poidan

aparecer, é necesario que se dé tamén un estado de desenvolvemento neurolóxico; a

maduración non é a causa de que se dé desenvolvemento, senón que máis ben, permite que

éste se realize. (c) O terceiro factor, o máis conflictivo na teoría xenética, é á vez o máis

interesante dende a perspectiva psicolóxica, e responde o nome de equilibración; FURTH

(1971) describeo como "...o factor que estructura internamente o desenvolvemento da

- 96 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!