14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

CAPITULO 10: RESULTADOS, DISCUSION DOS RESULTADOS,

'^ VERIFICACION DOS OBXECTIVOS E CONTRASTACION DE

' HIPOTESES.

A) RESULTADOS E DISCUSION DOS RESULTADOS.

10.1. Datos descriptivos e Análise Factorial do "Protocolo de Observación

da Interactividade Profesor-alumno" (ver Anexo 1).

Os datos que fan referencia ás escalas e instrumentos utilizados nesta

investigacibn, veñen sendo obtidos das análises correpondentes coa Análise Factorial

(anexo IV), e os datos descriptivos que fan referencia ás variables seleccionadas nesta

análise (anexo III), de tal xeito que representen cunha carga factorial por encima de 0.5,

as variables máis representativas escollidas nesta investigación. Cada variable

seleccionada e aillada polo método de Compoñentes Principais deste Análise Factorial, a

escala mínima e máxima de cada puntuación para cada unha, os rangos, media,

dessviación típica, así como a correspondente carga factorial podemos observalas nas

táboas do anexo IV. Este análise foi realizada con tódolos datos obtidos nos instrumentos xa

especificados nos capítulos anteriores e que poden verse na Anexo I desta investigación,

excepto ós referentes á entrevista co alumno, que foi obxeto de análise descriptivo, e

sobre o cál realizaremos unha exposición nos derradeiros apartados deste capítulo (os

datos descriptivos desta entrevista poden verse no anexo VI).

A continuación, especificamos os rexistros, en primeiro lugar, facendo

referencia á escala de observacibn, que se obtivo nas aulas observadas ó longo do

desenvolvemento das respectivas actividades educativas; polo que se refire ós datos

descriptivos están expostos na taboa 1 do Anexo 3 deste traballo, así como os

correspondentes datos referentes ás Análises Factoriais, podemos velos na táboa 1 do

Anexo 4, onde se poden observar a cada variable seleccionada e aillada polo método de

Compoñentes Principais da Análise Factorial, que na Táboa exposta, ven acompañada da

carga factorial de cada variable, o número e descripción da variable, media e desviación

típica, así como o intervalo de cada variable. Deste xeito, vamos a expoñer agora os datos

referentes á Análise Factorial, referindonos ós factores do mesmo, nos que podemos

distinguir o seguinte:

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!