14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

sendo unha unidade que no campo educativo colle unha importancia especial, atribuída

entre outras cousas a que ... "este concepto foi e é utilizado para definir a oposición entre

educación activa versus educación tradicional" (COLL, 1981 b), actividade que

pretenderemos especificar posteriormente sempre de cara á unha aprendizaxe que

posibilite un maior desenvolvemento, e polo tanto un millor coñecemento da realidade ou

unha aprehensión da mesma.

A este respecto, vamos a centrarnos básicamente en duas teorías que

actualmente teñen unha presencia siñificativa no campo da Psicoloxía Educativa, a Teoría

Socio-Histórica ou Transcultural, cuia máxima representación xira entorno a teoría

Soviética e ó seu expoñente máis resaltante L.S. Vygotski e os seus seguidores, e por outra

banda, a Teoría Xenética, cuios máximos expoñentes son J. Piaget e os seus discípulos,

entendendo que as duas son complementarias, en canto á unha posible expricación de cómo

aprende e se desenvolve o suxeto humán, que neste caso está exposto a unha situación tan

específica e complexa como é a de ensino e aprendizaxe.

Nos apartados deste capítulo pretendemos introducirnos sobre o concepto de

actividade, un concepto central na teoría socio-cultural soviética co obxeto de delimitar e

especificar a siñificación que ten a actividade do individuo no desenvolvemento e, polo

tanto, na aprendizaxe, e moi especialmente na aprendizaxe escolar, e para eso creemos

convinte facer unha pequena referencia ó concepto de conciencia e a relación que existen

entre ambas, xa que o obxectivo que perseguimos é o de considerar que a actividade está

moi relacionada co desenvolvemento, e nada hai máis relacionado, dende a perspectiva

soviética que o desenvolvemento intelectual e o desenvolvemento da conciencia, xa que

ésta fai referencia á actividade como actividade mental ou a potencialidade que ten o

suxeto de desenvolver toda esa serie de actividade humán, racional e cultural, froito do

coñecemento socio-histórico, e que a especie humán foi desenvolvendo ó longo da súa

existencia. Non pretendemos entrar nas consideracións que puderan ter tales conceptos en

canto constructos teóricos, se nón que pretendemos aproveitar a súa implicación na

teoría soviética, tamén considerada teoría da actividade, co obxeto de propoñer unha serie

de consideracións que deben de ter en conta todo prantexamento que queira potenciar unha

aprendizaxe, aspectos que son moi representativos, cando se fai referencia á adquicisión

de contidos que non soio serven para potenciar o desenvolvemento da persoa humán,

senón tamén para facilitar o seu desenvolvemento na cultura ou sociedade onde leva a

cabo, habitualmente, a súa actividade.

- 56 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!