14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Deste xeito, o reflexo psíquico é xenerado no proceso de actividade e pasa

logo a ser mediatizador da mesma, non podendo ser entendido fora da mesma, e así, o que

determiña o desenvolvemento do psiquismo do individuo é a súa vida mesma, o

desenvolvemento dos procesos reais de dita vida, ou sexa, o desenvolvemento da súa

actividade, tanto exterior como interior, e esta depende á súa vez, das condicións nas que

vive, polo que no estudo do desenvolvemento do individuo hai que partir da análise do

desenvolvemento da súa actividade, tal como se organiza nas condicións concretas da súa

vida.

Esto permete comprender ben o papel primordial que ten a educación sobre a

actividade do neno, sobre as suas relacións coa realidade, determinando o seu

desenvolvemento (LEONTIEV, 1983); neste desenvolvemento, é preciso diferenciar a

actividade obxetal externa da actividade interna. Según LEONTIEV (1983), a actividade

interna é secundaria, xa que se forma na interiorización da actividade externa, obxetal; a

interiorización non consiste nun sinxelo traslado da actividade externa a un plano

interior da conciencia que xa existe previamente, senón na formación deste propio plano

(DAVIDOV, 1988); ambas mediatizan as interrelacións do home ^co seu mundo, e ambas

teñen unha estructura común, xa que a actividade interna posee medios que permiten 6

suxeto solucionar tarefas non realizables dende o plano da actividade externa.

Vámos a deternos un momento na actividade ou proceso de interiorización;

VYGOTSKI (1979) denomina este proceso como o proceso de reconstrucción interna

dunha actividade externa. Segue afirmando Vygotsky, que mediante este proceso, lévanse a

cabo unha serie de transformacións, e deste xeito, nun primeiro momento (1), unha

operación que comenza inicialmente representando unha actividade externa,

reconstruiese e escomenza a suceder internamente, sendo esto de especial importancia

para o desenvolvemento dos procesos mentais superiores (razonar, pensar, recordar,

atender, etc): ademáis, nun segundo momento (2), un proceso interpersonal queda

transformado noutro intrapersonal, podendo afirmar así, que no desenvolvemento

cultural do neno, toda función mental ou intelectual aparece duas veces, primeiro a nivel

social, entre persoas (interpsicolóxica), e despois no interior do propio neno, a nivel

individual (intrapsicolóxica). Tódalas funcións superiores orixínanse como relacións

entre seres humáns.

Nun terceiro momento (3), di Vygotsky, a transformación dun proceso

interpersonal nun proceso intrapersonal, é o resultado dunha prolongada serie de sucesos

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!