14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

artigos á mesma, e de ditos comentarios pódese deducir que a súa concepción, a grandes

rasgos, da conciencia, obedecía o entendemento desta como o reflexo subxectivo da

realidade material que viña determinado a traveso da materia animada; pero este térmo de

reflexo non debe de ser entendido como a recepción pasiva de datos sensoriais, xa que

Vygotski consideraba como un aspecto moi relevante da conciencia, que os seres humáns

son os constructores permanentes do seu ambiente e das representacións que fai este a

traveso dos diferentes xeitos de actividade; o proceso reflexo hállase tan relacionado coa

trasformación activa da realidade como a recepción da información. Éste é un punto clave

na teoría da actividade, e á vez, o criterio principal da definición de conciencia por parte

de Vygotski, no que fai referencia ás propiedades organizativas que posee, algo moi

importante na teoría vygotskiana, e que dirixíu os diversos traballos que xurdiron na

psicoloxía socio-cultural.

Así, a conciencia é considerado como o compoñente máis elevado da

estructura mental e que se compón de dous elementos básicos, o intelecto e a afectividade;

deste xeito, afirma VYGOTSKI (1977), que ... ^separar os ditos compoñentes é un erro

importante, xa que polo contrario, é necesario integrar os fenómenos afectivos e

intelectuais no estudo do funcionamento humán':.., e aínda que o proprio Vygotski non

poido levar a cabo as investigacións empíricas entorno ós dous elementos, algún dos seus

discípulos encargaronse de realizalo. Así, se no nivel máis superior está a conciencia, no

nivel seguidamente inferior atopamonos co intelecto e a afectividade, e nun terceiro nivel

é o que se centra sobre o intelecto como compoñente e as "funcións psicolóxicas

superiores" (memoria, atención, pensamento, percepcibn, etc) como subcompoñentes do

mesmo intelecto (WERTSCH, 1988); neste nivel foi onde desenvolvíu suas investigacións

L.S.Vygotski, intentando aillar estes subcompoñentes do compoñente principal, "a

conciencia".

Para Vygotski, este aillamento é un dos graves probremas que ten a

Psicoloxía, como así mesmo o reflexa no seu libro que en castelán leva o tíduo de

"Pensamiento y Lenguaje", afirmando que en contra do que parecen deducir as diversas

Teorías Psicolóxicas que postulan que as conexións interfuncionais son permanentes e

inalterables, Vygotski defende que as relacións interfuncionais caracterízanse por unha

constante trasformación e pola influencia mútua que existe entre elas, algo que Iles

concede un carácter de organización dinámica e dialéctica; deste xeito, en relación co

aspecto intelectual da conciencia, interesouse dun xeito manifesto pola organización

dinámica das funcións psicolóxicas superiores, pola realización da mesma actividade que

pode levarse a cabo, baseándose en diferentes combinacións das funcións, a destintas

- 63 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!