14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

sobre a aprendizaxe individual. O impacto da interacción co grupo de iguais sobre esas

variables, que se atoparon nestes estudos, non é constante, nen en intesidade nen en senso

polo que seus resultados non son moi uniformes; pódese concluir dos mesmos, que non

basta con colocar ós alumnos uns ó lado doutros e permitirlles que interactúen entre sí,

para que poidan obter automáticamente uns resultados, xa que a natureza da mesma

interacción vai decidir o resultado da mesma.

6.5.1. Algúns apuntes sobre a análise da interacción entre iguais e a súa

importancia no estudo do proceso de ensino e aprendizaxe escolar.

O que se trata é de realizar unha análise que permita lograr unha millor

comprensión dos mecanismos psicolóxicos, a través dos cáles, coñecer as relacións que

establecen entre sí os alumnos, que repercuten sobre a súa aprendizaxe, e non tanto de

estudar qué tipos de interacción se poden establecer espontáneamente entre os suxetos, de

cara á unha posible variable obxectivo. O propósito do proceso educativo é establecer os

medios necesarios para conseguir e alcanzar os obxectivos que se ten prantexados, e neste

senso, debe de terse en conta a interacción alumno-alumno, non como un fin en sí mesmo,

senón como un medio máis, e importante dentro da organización social das suas

actividades, que en definitiva, son as que posibilitan a construcción do coñecemento nos

alumnos, relación moi sinalada nos estudos psicolóxicos actuais; "...se todo 0

desenvo/vemento da vida menta/ do neno ten lugar no proceso de interacción social, esto

implica que esta interacción, e o seu xeito máis sistematizado, o proceso de ensino,

conforma o desenvolvemento do neno, crea novas formacións mentais e desenvolve

procesos mentais superiores" (LU R IA e LEONTI EV, 1968).

Así, podemos dicir que o ensino implica unha asistencia ó neno na súa zona

de desenvolvemento próximo, asistencia que dende a perspectiva vygotskiana, é

proporcionada en gran medida polos seus iguais ou compañeiros de clase, feito que non se

debería iñorar ou relegar respecto ó que é a planificación e organización social de todo

discurso que se produce no marco da clase, na que a contribucibn dos compañeiros, entre

sí, á aprendizaxe, é importante, e cuio entendemento é especial para o desenvolvemento

de dito proceso.

. Dende esta perspectiva, a investigación educativa adelantou hipóteses acerca

da importancia da reestructuración cognitiva no feito de recibir axuda; SLAVI^N (1977)

afirma que a comunicación entre membros dun grupo e o feito de que estes empleen

recursos de axuda entre eles, dá lugar a aparición de novas ideas neles, e como

- 127 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!