14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

modelo de Nova Escola Activa, que está baseado na Teoría Xenética de Piaget, e que recolle

as súas formulacións sobre a adquicisión do coñecemento e o desenvolvemento operatorio,

resaltando a importancia da natureza autoestructurante da actividade do individuo, é

dicir, a importancia que ten na adquicisión do coñecemento que o alumno organize e

estructure a súa propria actividade mental, co obxectivo de poder construir o seu

coñecemento. A característica xeral do coñecemento é o desenvolvemento do individuo, e

éste lévase a cabo, non dun xeito plagiado da realidade na mente do individuo, senón de

xeito estructurado e organizado, o que implica unha actividade do individuo sobre este

obxeto de coñecemento. Este proceso de adquicisión do coñecemento (que vimos no capítulo

5 da parte II) é un proceso activo do suxeto, mediante o cál asimila a realidade a través

das súas estructuras intelectuais, e posteriormente modifica ou reestructura as

mesmas, mediante a súa acomodación ós obxetos desa realidade.

Neste caso, o papel do profesor é un papel directivo, xa que vai posibilitando

os obxetos que coñecemento que, por unha banda poidan ser utilizados polo suxeto na súa

actividade (é dicir que os poida adaptar), e por outra banda, vainos posibilitando de xeito

organizado e estructurado que faciliten a adquicisión por parte do suxeto dos mesmos

(posibilitando instrumentos para que poida adaptar ese obxeto de coñecemento); o

profesor axuda, propón e intervén de xeito que posibilita un obxeto de coñecemento sobre

o cál o alumno vai desenvolver a súa actividade, construíndo mediante accións

interiorizadas, o seu coñecemento, e posibilitando o seu desenvolvemento (a intelixencia

é actividade mental).

É necesario facer mención eiquí a unha actividade moi relacionada con este

modelo último de pedagoxía, é a actividade que fixemos referencia nos capítulos 3 e 4 da

Parte II, que fai referencia a aquela actividade que se desenvolve socialmente, entre o

profésor e o alumno, ou entre un adulto e un neno, ou entre un suxeto máis capaz con

outro menos capaz, que posibilitan o desenvolvemento dos procesos psicolóxicos

superiores, ou o que é o mesmo, posibilita ó adquirir todo ese conxunto de coñecementos,

destrezas, prácticas, valores e habilidades que configuran o coñecemento da súa cultura e

sociedade. Esta actividade é aquela que se dá en interacción social, onde existen dous

individuos, e mediante a súa relación, van facendo proprios os coñecementos que nun

primeiro momento Ile son alleos, o que vai posibilitar un desenvolvemento de capacidades

intelectuais proprias da cultura.

É dicir,hai uns universais cognitivos, que dependen da actividade

autoestructurante do individuo, pero a súa posta en práctica efectiva, depende da natureza

- 154 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!