14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

os procedementos que resultan máis eficaces. É, ademáis, o úneco contexto onde os suxetos

poden invertir os roles interactivos, dando ordes, seguíndoas, así como facendo e

contestando preguntas, á vez que establecen unha interacción rica cos demáis, o que

repercute dun xeito moi directo no proceso de ensino e aprendizaxe, e polo tanto no

desenvolvemento do mesmo individuo.

6.6.^ CONCLUSIONS.

Antes de comenzar coa parte experimental, creemos necesario facer unha

serie de conclusións que sobre este capítulo, adicado ás aplicacións das teorías que vimos

anteriormente ós procesos de ensino e aprendizaxe escolar, e como podemos ver a

continuación, son varios os pontos sobre os que queremos facer referencia neste apartado:

En primeiro lugar, hai que ter en conta que a capacidade de aprender está

determiñada, en gran parte, dentro dos límites impostos polas leises do desenvolvemento

ontoxenético e pola motivación para aprender que poida ter o alumno; esta motivación

para aprender ven determiñada polos valores que sosteñen e xustifican esta aprendizaxe.

En segundo lugar, o proceso educativo é un proceso formativo no senso

literal da palabra; un probrema fundamental do proceso educativo é o da formación social

e o da formacibn individual, ligadas entre sí por unha relación dialéctica. Respecto a esto,

cabe dicir que, unha clase é un colectivo ou grupo de persoas, que interactuanto entre sí

persiguen un úneco fin, e neste senso, é onde xoga un papel importantísimo a

comunicación, considerada como un factor do desenvolvemento mental; a comunicación

verbal debe ser ante todo adecuada ó nivel de desenvolvemento alcanzado por cada escolar

en particular, e para eso é necesario que deba ser precisa, e debe de ser clara, de xeito

que o alumno sexa capaz de tomar conciencia das contradiccións e insuficiencias dos vellos

conceptos, de modo que cree as condicións necesari.as para iniciar un proceso

constructivo.

^ En terceiro lugar, a tarefa do ensinante non é presentar conceptos novos xa

construídos, senón que a súa tarefa debe de ser o demostrar como o uso dun concepto vello

crea contradiccións e incertidumbres, para facilitar despois o proceso de construcción, e

así superar as contradiccións e reducir as incertidumbres. Neste senso, xoga un papel

moi importante, a comunicación dentro do grupo, na realización dese proceso creativo,

- 131 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!