14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Escala de Autoconcepto Escolar, consta dunha serie de items que fan referencia ó

autoconcepto que ten o alumno de sí mesmo, con respecto ós seus pais e cos demáis

compañeiros, facendo referencia ás autoexpectativas que ten o alumno de certas materias

escolares, e do seu éxito nas mesmas. A Escala de Percepción do Alumno, é unha escala que

está configurada por items que fan referencia as expectativas que ten o alumno do

profesor, e do prantexamento que está a levar o mesmo na clase, espectativas que gardan

relacibn coa comunicación profesor-alumno, ademáis da percepción que están recibindo

eses alumnos do proceso de ensino e aprendizaxe escolar posto en marcha polo profesor.

A Entrevista consta dunha serie de items que fan referencia á relación que

existe entre as actividades escolares e as actividades extraescolares, así como a

percepción diferenciada que ten o alumno das mesmas, coa intención de analizar o seu

pensamento sobre a suposta relación entre o medio familiar ou vivencial do alumno e o

medio escolar. (Ver Anexo 1) .

9.3.4. Tratamento e análise estadístico dos datos.

O proceso técnico de tratamento dos datos, segue a líña por nos delimitada,

en canto a realizar primeiramente unha análise cuantitativa dos mesmos, para a partires

da cál, intentar levar a cabo unha análise cualitativa sobre os resultados obtidos na

primeira análise; o tratamento matemático e estadístico dos datos incluídos nos Anexos

correspondentes desta investigación, como veremos nos capítulos posteriores, foi do

seguinte xeito:

A) En primeiro lugar, unha vez tidos cubertos tódolos protocolos, tanto de observación

como dos destintos suxetos (datos especificados anteriormente, tanto no prantexamento

desta investigación como na presentación dos instrumentos), dividimos en unidades

independentes os datos referentes a cada tipo de variables especificadas no

prantexamento da investigación (variables presaxio, variables contexto, variables

proceso e variables producto), así como os seus correspondentes elementos xa

especificados nas mesmas; todas estas variables foron tratadas a través da técnica de

Análise Factorial, co método de compoñentes principais, rotación varimax, utilizando 0

Paquete Estadístico BMDP-81 e o SPSS-$6^ específicamente os subprogramas 1 D, 2D e

4M, que posibilitan respectivamente a descripción e direccionalidade dos datos, así como

o listados dos diferentes valores de orden ascendente obtendo resúmenés estadísticos.

Pola súa parte o Paquete 4M posibilita a realización da Análise Factorial co obxeto de

coñecer cál variable ou conxunto de variables poseen unha carga factorial en orden á

- 186 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!