14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4.5. CONCLUSIONS.

Neste cuarto capítulo, tratamos unha serie de cuestións relativas ó capítulo

anterior, pero máis específicas relacionadas coa aprendizaxe escolar; neste senso,

facemos referencia nun primeiro apartado deste capítulo á noción de desenvolvemento, un

desenvolvemento que non se pode oonsiderar ó marxen da sociedade en que se vive. O

desenvolvemento é o resultado da intervención doutras persoas que actúan como

mediadores entre o suxeto que aprende e o coñecemento, e neste senso non se confunde coa

aprendizaxe, senón que até certo ponto é un resultado da mesma, pero ésta está

condicionada por aquél, non soio no senso de posibilitar o tipo de aprendizaxe considerado

como máis adecuado para o suxeto que aprende, senón que tamén posibilitan o marxe de

aprendizaxe que poden potenciar nun suxeto, non soio de coñecementos, senón tamén polo

que se refire ós procesos psicolóxicos.

En segundo lugar, para que o suxeto aprenda e se desenvolva, é necesario que

manteña unha interacción con suxetos máis capaces, xa que o desenvolvemento consiste na

apropiación por parte do ser humán de capacidades que os outros seres humáns foron

creando ó longo da súa historia, e é nesta interacción onde adquire un papel importante a

linguaxe, pois a través dela, o suxeto máis capaz, modela e controla o comportamento

infantil, sendo nun primeiro momento un control é externo, para posteriormente

interiorizar esa linguaxe polo suxeto, sendo utilizado por él para controlar e

estructurar a súa propria actividade, ou o que é o mesmo posibilitando un maior

desenvolvemento no suxeto. Deste xeito, comprenderemos como o suxeto aprende e se

desenvolve, así como cáles son as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento,

relacións tan importantes para a aprendizaxe escolar. A educación escolar é un factor

fundamental do desenvolvemento, xa que impulsa un cambeo de xeito formal; o ensino é a

planificación e sistematización da aprendizaxe con vistas a asegurar un desenvolvemento

correcto. A educación, ademáis incluie, un proceso de socialización, así como a

apropiación das normas sociais e da cultura nun senso ampleo, nunha actividade por parte

do suxeto, que debe de analizarse tomando en consideración tódolos elementos que

interveñen na mesma: accións, motivos, obxectivos, etc, así como nos seus compoñentes

cognitivos, emocionais e volitivos.

En terceiro lugar, unha noción moi a ter en conta na aprendizaxe escolar, é a

de zona de desenvolvemento próximo, xa que é eiquí ónde a aprendizaxe permite o

- 89 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!