14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

xeneracións anteriores, non soio posibilita a organización da súa percepción e memoria

nun determiñado sistema, e garantiza a asimilación da súa experiencia humán universal,

senón que tamén crea importantísimas condicións para posteriores e máis complexas

formas de conciencia. Dispoñendo de ferramentas como son as palabras, o home pode

operar cos obxetos, incluso estando estes fora do seu alcance, xurdindo así, unha nova

base para a imaxinación productiva, que non soio reproduce os obxetos, senón que tamén

os combina, creando así novas posibilidades para novos procesos creativos máis

complexos. É así, con este complexo sistema de conexións sintácticas entre diversas

palabras (a oración), como o home obtén o medio necesario para formular complexas

conexións entre os obxetos, e formar e trasmitir os seus xuicios e pensamentos (LURIA,

1987). ^

Como resultado da historia social do home, a linguaxe convertíuse nun

instrumento decisivo do coñecemento humán, que Ile posibilita unha serie de

construccións verbais que Ile serven de instrumentos para sobrepasar os límites da

experiencia persoal e extraer conclusións sen achegarse ó mundo obxetal, de tal xeito que

dálle a posibilidade de poder sair da súa experiencia sensorial, ademáis de individualizar

as características dos fenómenos, formular determiñadas xeralizacións ou categorías,

etc; "..pódese dicir que sin o trabal/o e a linguaxe, o home non se houbera formado 0

pensamento abstracto..." (LURIA, 1984), algo que provoca ou posibilita o salto do

sensorial ó racional, que non hai que buscar dentro da conciencia humán nen do cerebro,

senón nas formas sociais da existencia histbrica do home; esto é moi importante, de cara a

resaltar que a conciencia humán deixa de ser unha cualidade interna do ser humán sen

historia social (VYGOTSKI, 1977) para ser unha cualidade froito da súa experiencia cos

demáis.

A noción fundamental destes conceptos formulados anteriormente, non soio

consiste en que son os mesmos quenes analizan a conciencia como un producto da historia

social, e polo tanto abrimos unha nova vía para a análise científico-histórica da

conciencia, senón tamén, consiste en mostrar que a ampliación dos límites da conciencia e

a formación de novos códigos son o resultado da vida social do home. Moitos procesos

psíquicos non pode vivir fora das formas sociais de vida correspondente; a asimilación de

complexos tipos de actividade, a correccibn da súa conducta mediante as relacións sociais

e a utilización do complexo sistema linguístico, conduce de xeito inevitable a que o neno, e

posteriormente o adulto, elabore novos motivos e formas de actividade conscinte e se

plantee novas tarefas que por sí soias nunca houberan xurdido (LURIA, 1987). O xogo

manipulativo dá lugar a un novo xogo de situación, xurden novas reglas de xogo elaboradas

- 67 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!