14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

duradeiras, as accións ou actividades dos actores e os pensamentos ou estados mentais e

emocionais que preceden e acompañan ás accións observables.

As actividades do ensino danse en contextos determinados, entornos que

definen o medio onde se leva a cabo a acción educativa, individual, de grupo, a clase, a

escola, a comunidade, etc; a vida da aula comprende dous tipos de actividade, unha, a

chamada de currículum oculto, lévase a cabo nas actuacións de aspecto organizativo, de

interacción social e desenvolvemento da vida na mesma, e outra, a que ten lugar mediante

as tarefas académicas ou chamada tamén currículum explícito. Os contidos desas

actuacións comprenden e constituien a esencia mesma do acto educativo, porque definen

para que serve a educación escolar.

O material de aprendizaxe ou os contidos sobre os que se vertebra a

interacción entre profesores e alumnos son o centro do proceso de ensino e apr.endizaxe,

polo que non debe de caracterizarse como outra variable contextual máis, e polo que debe

de ser unha parte fundamental nos estudos sobre o mesmo; a unidade ou secuencia de

estudo debe contemplar o contido como unha unidade fundamental de actividade

instruccional que serve como ponto de partida para as análises do proceso educativo. A

perspectiva adoptada polo investigador pódese centrar nun ou noutro aspecto, nos rasgos

elexidos para a análise, a dirección da causalidade provocada pola discusión (profesor ->

estudante, estudante -> profesor, profesor estudante, conducta conxunta do profesor

e do estudante), os temas programados, o nivel de globalización e o contexto das

relacibns, así como o ponto de vista adoptado respecto ás actividades e experiencias dos

participantes.

Así perante moito tempo, as investigacións estructuraronse orredor do

probrema do fracaso, supoñendo que a aprendizaxe era unha causa banal e a súa

realización acontecía de xeito normal, polo que o fracaso era considerado como unha cousa

anormal, consecuencia do cál debíase buscar as razóns polo que sucedía así para poder

subsanar isa anormalidade; dende esta perspectiva, dí GILLIERON (1980), ... "a

investigación das causas do fracaso enténdense como unha enumeración de certos

factores e dificultais que hai que superar. O fenómeno pedagóxico concíbese

atomísticamente". O fracaso atribuiese a falla de intelixencia do alumno, polo tanto

haberá que medir a súa intelixencia e diagnosticar suas aptitudes escolares (CLAPAREDE,

1924; ^ BINET e SIMON, 1911). Para certas aprendizaxes específicas, cando non se pode

cuestionar o nivel intelectual do alumno, intentase descreber, mediante características

destintivas, un síndrome de fracaso (por ex.: a dislexia) ou ben con características

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!