14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

socio-culturais propias. Con isto pretendese especificar cómo o medio transforma a istes

nenos en menos aptos para as aprendizaxes, e intentarase recuperalos mediante

entrenamentos específicos, como por exemplo, no caso de certas dificultais de

aprendizaxe, onde se programaron exercicios específicos, linguísticos ou doutra índole

que permitían ós alumnos compensar o seu inconvinte no caso da linguaxe, a aqueles que

estiveran desfavorecidos respecto a outras clases sociais (BERNSTEIN, 1971; 1973).

Outras tentativas proceden de aplicacións da psicoloxía xenética, atribuíndo

as non aprendizaxes específicas a fallas nos respectivos niveis de desenvolvemento

operatorio; así nenos que teñen dificultais nas matemáticas, atribuien este fracaso ó seu

nivel operatorio, e a solución a esta probremática é asegurarse que ten o nivel operatorio

adecuado para ensinarlle a respectiva materia, e si non o ten, intervir para que leve a

cabo dita adquicisión (GILLIERON, 1980)

1.4.2. Algunhas consideracións a ter en conta na investigación do proceso

educativo.

Aínda que este tipo de investigacións poden ser útiles, é necesario analizar

globalmente o probrema orixinado polas dificultais de aprendizaxe no contexto onde se

orixinan, é dicir, estudar os factores que estan interactuando no proceso educativo para

poder comprender non soio como se leva a cabo dito proceso educativo, se nón tamén as

causas de por qué se orixina ese fracaso, dito en palabras de J.BRUNER (1973),... "non é

o fracaso o que pode facer comprender ó éxito, "... como sucede na investigación das

ciencias naturais, ... "senón a comprensión do propio éxito é o que nos leva a esclarecer o

fracaso"..., ou o que é o mesmo, ... "cuestionar cómo o neno que se considera normal leva

a cabo con éxito a aprendizaxe escolar" (GILLIERON, 1980).

Outro factor que podemos considerar importante nas aprendizaxes escolares

é o do propio mestre, pero en xeral; deste xeito, estudiouse o mestre como un portador de

atributos determinados, e en relación cós mesmos (edade, sexo, actitude cara ó ensino,

etc) considerandoo como unha parte do medio do alumno, como se do edificio escolar se

tratase. Dende ista perspectiva,as variables ligadas ó mestre son sempre propias,

indepéndentemente do contexto da interacción pedagóxica, e cando non son directamente

operacionais, son ó menos medibles por medio de tests, cuestionarios, etc. Tódolos

mestres son considerados equivalentes no interior da mesma clase, definida en

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!