14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

establecendo, polo que esta actividade que o neno realiza, estructurarase e desenvolverase

no conxunto das actuacións que o profesor realize ó longo do proceso educativo,

adecuandose ós prantexamentos teóricos nos que se apoia, acompañando e definindo aquela,

e consecuentemente, determiñando a práctica educativa que implica a relación que se

establece entre o profesor e o alumno.

Dada esta situación, e o prantexamento psicopedagóxico no que se inscribe, a

millor maneira de estudiar este proceso, no seu elemento máis básico, a interacción

educativa, é observando directamente unha clase en pleno proceso de ensino e

aprendizaxe, e así, vendo como funcionan normalmente, poderemos distinguir qué

elementos funcionan ou non funcionan no mesmo, e cáles son esenciais e cáles nono son. O

obxeto da observacibn vai ser o comportamento do profesor e dos alumnos dentro da aula;

non obstante, hai unha serie de estímulos que están incidindo sobre ese comportamento de

xeito directo, tales cómo o número de alumnos, características diferenciais dos mesmos,

comportamento dos alumnos, características do material didáctico, etc.

Intentar facer un rexistro de tódolos aspectos do comportamento do profesor

e do alumno é unha tarefa casi imposible, polo que témonos que decidir por unha serie de

aspectos da conducta do profesor que nos parecen siñificativos á hora de rexistralos; por

eso vamos limitarnos ós aspectos que engloban ou están relacionados co desenvolvemento

do proceso educativo, e así, deste xeito, intentaremos observar a actividade, no que se

refire a cómo se presenta, qué instruccións segue para a súa realización, cómo

reaccionan os alumnos, cándo e cómo se inicia a actividade, cál é o material didáctico, etc.

Sobre estes aspectos, levaremos a cabo o noso procedemento de comprender por qué se dá

un comportamento dun xeito determiñado, e toda a lóxica que pode subiacer á

identificación de tales aspectos que delimitan este comportamento do profesor no proceso

educativo; con este fin, estableceremos categorías siñificativas coas que operar sobre a

situación observada, co obxectivo de poder describila, e sobre a que elaboraremos un

modelo explicativo que integre esas categorías, que poida dar conta da situación

observada.

9.3.1. Mostra seleccionada e caracterfsticas da mesma.

Para levar a cabo a nosa investigación, habida conta da diversidade de

centros e aulas que existen no noso pais, e das características e determiñantes das

mesmas, un dos primeiros pasos que demos, foi a elección dunha mostra na que estiveran

presentes os aspectos que nos consideramos relevantes na nosa investigación:

- 17? -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!