14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

efectivo nun momento dado a un desenvolvemento potencial que pasará a ser efectivo nun

momento seguinte. As duas posturas son complementarias, e namentras que se na

primeira valórase máis o primeiro aspecto, non deixa de ter importancia o segundo, onde

se fai máis fincapé no mundo de coñecementos ou no contexto socio-histórico do individuo.

Neste senso, cobra importancia a intervención educativa, xa que trata de

provocar un cambeo interno a través dunha intervención externa, e é eiquí onde xoga un

papel importante o adulto (o profesor), guiando ó alumno, andamiando as súas

consecucións cara á adquicisión dos instrumentos cognitivos, e conseguir o control

consciente do que vai aprendendo, a través da interacción. Esta función educativa do adulto

ou profesor, é destacada en varios estudos e investigacións, algunhas das que nos interesa

destacar, son as realizadas por VYGOTSKI (1979), WERTSCH (1979) e HICKMAN

(1978); a finalidade destas investigacións estaba encamiñada á demostrar cómo nun

primeiro momento da vida dun individuo, establécese unha interacción entre o mesmo

suxeto e un adulto, mediante a cál vai establecerse unha comunicación, que ó principio

irase aproximando mútuamente, para posteriormente conducila o adulto cara á

adquicisión do coñecemento e á súa utilización por parte do neno, de xeito que o adulto

escomenza establecendo pautas de interacción, acaparando o maior tempo na mesma, e

pouco a pouco o neno vai adquirindo a siñificación da tarefa progresando até que é capaz de

realizala por sí soio, establecendo unha coherencia entre as directrices do maior, as

tarefas e o seu comportamento (no vocabulario vygotskiano, realiza a función de

internalización).

Posteriormente, WOOD ( 1980) chega ás mesmas conclusións, pero ademáis

fai unha aportacibn moi interesante, que é a seguinte: a intervención que fai o adulto

cando intenta axudar a resolver unha tarefa a un neno, está en función inversa á

competencia que ten o mesmo, e así, canto maior sexa ésta, menor será a directividade do

adulto; esta conclusión é moi importante para nós, de cara a sinalar a tendencia de axuste

que hai entre o nivel de axuda ó pequeno durante a realización da tarefa e a competencia ou

capacidade que ten o neno para resolvela; ademáis Wood, nas súas investigacións chegaba a

conclusión de ^ que: os adultos que desempeñaban con maior eficacia esta función de

andamiar ou soster os progresos dos nenos, realizaban unha función inversa de, a maior

competencia, menos intervención; para WOOD (1980), a eficacia do ensino depende desta

regla e así afirma `:..o adu/to debe de proporcionar xusto o grado de intervención que é

necesario cando o neno se atopa enfrente as suas dificultais actuais"

6.4.2. O profesor como guía e director da interacción co alumno.

- 123 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!