14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

mediatizada polo colectivo, e durante a súa realización, o home toma en conta as posicións

dos membros do colectivo social.

Estes diversos tipos de práctica social influien decisivamente sobre a

formación das características psíquicas desenvoltas ó longo da historia humán, reflexadas

de xeito directo na súa correlación coa realidade, na que a práctica social é mediatizada

polo sistema de ferramentas con que o home influie no medio ambente, e á vez está

influída polos obxetos resultado e producto do desenvolvemento de moitas xeneracións, en

base ás cáles, o suxeto forma a súa conciencia. Deste xeito, as formacións psíquicas da

conciencia determínanse polo sistema de relacións sociais, baixo cuia influencia está o

indivíduo dende que nace, e ademais polo sistema lingúístico que escomenza a absorber o

neno dende os seus primeiros anos de vida (LURIA, 1987); todo esto ten unha

importancia decisiva para o desenvolvemento sociohistórico da conciencia.

Neste desenvolvemento, é cando no home aparecen novas motivacións para a

actividade, aparecen novas tarefas, novas formas conductuais e xurden novos

procedementos para asimilala nova informacibn e novos sistemas de reflexar a realidade.

Dende o primeiro momento, as formas sociais de vida humán escomenzan a determiñar o

seu desenvolvemento psíquico, e a mellor maneira de convencernos do mesmo, é

analizando a formación da actividade oonscinte do neno. No momento en que nace, o neno

escomenza a vivir nun mundo de cousas creadas ó longo da historia mediante o traballo

social, aprende a relacionarse coa xente que o rodea, e coa axuda dos adultos, elabora a súa

actitude cara ós obxetos.

3.3.3. A importancia da linguaxe no desenvolvemento da actividade e da

conciencia humán.

Deste xeito, o neno escomenza a dominar a linguaxe (un producto do

desenvolvemento socio-histórico), e coa súa axuda, analiza, xeraliza e codifica suas

impresibns, denomina os obxetos mediante palabras xurdidas en épocas anteriores a él,

relaciona os obxetos con certa categoría predetermiñada, e asimilaos ó sistema de

coñecementos acumulados sobre estes obxetos. A linguaxe fai de intermediario en toda

percepción humán, cumple a laboura de analizar e sintectizar a información que chega ó

seu poder, algo moi importante no proceso educativo, ordena o mundo percebido polo ser

humán e codifica as súas impresións (LURIA, 1987).

Este mundo dos obxetos e dos siñificados que o ser humán hereda das

- 66 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!