14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Por outra banda as diferencias sobre o termo de actividade, poden referirse

á implicación que ten o mesmo de cara á actividade pedagóxica, polo que se presta a

diferentes interpretacións e siñificados, e obedecendo a estas discrepancias, podemos

observar que ser activo pode dar lugar a distintos xeitos de entender o que é dita

actividade, e qué tipo da mesma ten que darse e perseguirse; acerca destas diferencias no

que pode entenderse por actividade, COLL (1978), fala de catro tipos de actividade que

fan referencia a catro formas de entender o que é ser activo e así para él:

(a) Un primeiro tipo de actividade, é aquela actividade que sigue á actividade doutra

persoa, xa sexa ésta motriz ou verbal; é unha actividade que se desenvolve como cando

escoitamos unha conferencia ou unha clase, ou vemos algunha representación teatral ou

casos parecidos. Neste caso, requírese un tipo de actividade determiñada, que predomina

sobre todo na chamada escola ou pedagoxía tradicional, e caracterízase por atribuir ó

mestre o papel de director ou guía do proceso de adquicisión dos coñecementos dos

alumnos, que permanecen atentos ó que o mestre dí e/ou fai.

(b) Un segundo tipo de actividade é o que define como o seguimento coidadoso das

instruccións doutra persoa, na que ésta persoa explica cómo hai que facer unha

determiñada tarefa e indica cómo se debe facer.

(c) Un terceiro tipo de actividade que se léva a cabo no ensino programado, é na que o

alumno adquire un repertorio de conductas ben definidas de antemán, polo que o suxeto

aprende e debe de presentar unha conducta determiñada antes de recibir un reforzo; o

mestre debe incitar ó alumno a desenvolver un determiñado tipo de actividade, e establece

para eso un programa de reforzos co fin de que o alumno aprenda esas conductas

determiñadas.

(d) O cuarto tipo de actividade consiste en aceptar un obxectivo, que pode atoparse no seu

orixe nun mesmo ou noutra persoa, e en base ó mesmo, como se organiza a propria

actividade en consecuencia; neste caso, o alumno organiza e estructura verdadeiramente a

súa propria actividade, o que implica unha actitude pedagóxica determiñada con un

cambeo considerable de actitude e función do mestre.

Até eiquí, fala Coll de catro tipos de actividade; nos podemos agregar un

quinto tipo de actividade, que veremos e especificaremos a continuación conforme

vaiamos avanzando neste capítulo. Nengún tipo de actividade dos que vimos é falso ou non

ten porque non existir, senón que cada tipo ten lugar e responde a unha clase determiñada

de aprendizaxe, cada un deles son importantes para o desenvolvemento do suxeto humán, e

responden a uns momentos determiñados dos que pode obedecer a aprendizaxe escolar; non

obstante, cada un deles por separado soio abarca unha faceta do desenvolvemento humán, e

- 116 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!