06.05.2013 Views

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Resulta un escaso número de freires, mais similar aos de outras bailías da Coroa de Castela.

De todos xeitos, temos que ter presente que habería escudeiros, irmáns de oficio, criados,

cregos, etc. que aumentarían en boa medida o persoal que residiría nas casas templarias das

dúas bailías.

1.6. Importancia da bailía de Canabal

A Orde do Temple na provincia de Lugo

Estepa considera a Canabal como unha das encomendas de pouca importancia do Temple,

aínda que matizando que a súa suposición baséase na parquedade dos dados dos que dispón

30 . Nós coincidimos con el só en parte. Efectivamente, Canabal, como o resto das

encomendas galegas –a excepción de Faro– non dispón dunha reserva señorial ampla como

outras encomendas castelás, como Capilla, que xestionaba unha grandísima devesa e numerosas

cabezas de gando. Mais hai que ter en conta que no sur da Coroa de Castela non é

estraño que se doen importantes territorios ás Ordes Militares, xa que son terras conquistadas

aos musulmáns e que precisan de redes de fortalezas para a súa defensa. Tamén a

propiedade da terra, como na actualidade, variaba, dende o minifundio galego ao grande

latifundio estremeño ou andaluz. Por iso debemos computar a totalidade das propiedades das

que dispuña a bailía –cuxa dispersión podía crear dificultades na xestión, aínda que os templarios

non eran precisamente malos xestores– para poder valorar a súa importancia. En base

a isto, se tiramos unha liña recta dende Canedo ata o Deza, teremos un 70 quilómetros de

distancia por uns 20 de ancho, xa que as posesións alíñanse a unha distancia aproximada de

10 quilómetros por riba e por baixo do camiño que, procedente de Valdeorras, dirixíase a

Compostela. Polo tanto, era unha importante área territorial.

A concentración ao longo de dito camiño pode deberse a que era unha das vías peninsulares

de peregrinación 31 . Posúen varias igrexas en propiedade, e dereitos en outras que descoñecemos,

algúns dos cales ceden ao bispo lugués, teñen propiedades documentadas en varios

lugares máis: casais, parte de vilas, etc. E todo isto con só 4 documentos, que son os que

dispoñemos. Ten asociada, por outra parte, a comezos do século XIV, á bailía de Neira, de

dimensións máis pequenas. Polo tanto, a aparición de novas fontes seguramente aportará

novos datos para coñecer a verdadeira importancia da bailía.

Hai que ter en conta, asimesmo, que esta zona está fortemente señorializada. Aparte do

señorío laico dos Castro ou dos López de Lemos, a presenza de mosteiros como Ribas de Sil,

San Clodio, San Vicenzo do Pino e outros de menor entidade, como Ferreira de Pantón ou

Eiré, bens da Orde do Hospital nas súas proximidades, que levarían a formación das

encomendas de Quiroga e O Incio, con Portomarín a un paso de Neira, fai que os receptores

de doazóns sexan numerosos.

30 Estepa Díaz: “La disolución...”, páxs. 135-6.

31 José Ramón Méndez de Luarca e outros: EL Camino de Santiago, I. Vías, viajes y viajeros de Antaño, Madrid, 1991, páx.

100, figura 4.1.

NALGURES • TOMO II • AÑO 2005 245

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!