06.05.2013 Views

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A Lagoa de Doniños en Ferrol e as lendas de cidades asolagadas

as torres máis altas dos edificios da cidade albiscábanse nos estiaxes mentres oíanse as

badaladas das campás durante as noites de San Xoán, Nadal e Reis.

Como narrou Martínez Carneiro 39 nun recente traballo sobre a lagoa de Antela no escudo de

armas da próxima vila de Xinzo de Limia luce un galo, lembrando o quiquiriquí que ás doce

da noite en punto da Noiteboa se oe desde as profundidades da lagoa de Antela, recordando

que os poboadores acuáticos da cidade maldita de Antioquía penan o terrible castigo sufrido

por haberen desprezado a un mendigo que era o propio Xesús. Segundo outra versión da

lenda a cidade foi anegada polas augas en castgo por ter como ídolo o devandito galo.

En relación coa lagoa de Antela cumpre poñer ao río Limia, que a atravesaba, máis coñecido

polo seu mítico nome de Léthes ou Río del Olvido, citado polo historiador grego Estrabón e

os escritores latinos Plinio e Pomponio Mela, entre outros, cunha estendida lenda de procedencia

celta referente ao total esquecemento, incluso do propio nome e da identidade, pola

parte de quen o cruzaba, un mito que segundo a tradición foi roto polo procónsul romano

Décimo Junio Bruto, cando, camiño do Océano Atlántico, atravesou só o río e foi chamando

polo seu nome, un por un, aos veteranos lexionarios do seu exército 40 .

Son numerosas as publicacións dedicadas de xeito específico ao estudio das lendas galegas,

facendo case todas elas algunha referencia ao mito das cidades asolagadas. O ano 1961, o

Centro de Estudios Fingoy de Lugo 41 publicou un libro de contos populares, cun prólogo do

escritor Carballo Calero, incluíndo unha interesante versión da lenda da Virxe do Monte e da

citada lagoa de Cospeito. Segundo a lenda, na aba do monte onde levántase a capela da Virxe

do Monte e no sitio ocupado hoxe pola lagoa atopábase a importante vila de Valverde que foi

anegada pola falla de socorro a unha pobre que realmente era a Virxe disfrazada. A mendiga

tan só foi atendida por unha familia moi pobre e ao día seguinte mandou saír da casa á

devandita familia mentres a cidade era asolagada de xeito súpeto polas augas. Como en

lendas similares aparece un lugar sagrado nas alturas –neste caso a capela da Virxe do Monte–,

o feito de se ver as chemineas das casas afundidas ou se sentir as badaladas das campás

da igrexa.

No ano 1969 publicouse un interesante traballo do polígrafo coruñés Leandro Carré Alvarellos

42 , que incluía as lendas dedicadas á cidade de Beria en Cospeito (a mesma que se acaba

de citar), convertida na lagoa de Lamas de Goá pola idolatría dos seus poboadores, e á lagoa

ferrolá de Doniños (un lugar recorrente nas lendas populares), anegada por mor de que non

puidese encontrar aloxamento no pobo o Noso Señor.

39 Xosé Luis MARTÍNEZ CARNEIRO. Antela, a memoria asolagada. Edicións Xerais. Vigo 1997.

40 Antonio GARCÍA BELLIDO. España y los españoles hace dos mil años según la Geografía de Estrabón. Madrid 1968.

41 Centro de Estudios Fingoy. Contos populares da provincia de Lugo. Editorial Galaxia. Vigo, 1961.

42 Leandro CARRÉ ALVARELLOS. As lendas galegas tradizonaes. En: Revista de Etnografía. Museo de Etnografía e Historia.

Porto, 1969.

NALGURES • TOMO II • AÑO 2005 355

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!