06.05.2013 Views

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

nalgures - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Juan J. Burgoa

inspirados de algún xeito pola doutrina e a historia desas relixións. En casos como os de

Roma, Exipto ou Grecia, as mitoloxías da antigüidade pagá foron a fonte creadora desas

lendas. Dese xeito vanse forxando as lendas que logo, tras percorrer un longo camiño escrito

e oral a través da historia, chegan a asentarse no mundo imaxinario das xentes e a formar

parte do patrimonio popular.

No caso dun pobo antigo como o galego, cunha vedraña cultura que ao longo do tempo foi

mesturando de xeito natural unha serie de ritos relixiosos cunhas tradicións de orixe pagá,

moitas veces de proxenie panteísta, e que, a máis, estivo practicamente incomunicado durante

séculos, deu como resultado a formación dun colectivo humano con boas doses de

paciencia reflexiva e, ao mesmo tempo, receptor de numerosos influxos exteriores, do que

unha parte importante foi o fornecido culturalmente polas peregrinacións xacobeas por mar

e terra.

Deste xeito faise boa a afirmación de Vicente Risco 1 que no Noroeste peninsular as culturas

que entran en España, van chegando a Galicia onde se encoran e decantan en sucesivas capas

que se sobrepón, deixando así unha pegada manifestada en forma de crenzas e tradicións.

Vaise formando así un conxunto de lendas dentro dun claro substrato atlántico e nórdico, en

contraposición ás manifestadas en outros pobos peninsulares, cun talante máis mediterráneo

e fronteirizo co sur 2 , e que se introducen na memoria popular onde foron persistindo co paso

do tempo.

Un pobo en íntima comunicación coa natureza, como é o caso do galego, de fonda tradición

agraria, apegado ó medio e vivindo intensamente do mesmo, amosa uns arraigados cultos

panteístas que a cristianización máis intensa non logrou desarraigar plenamente e do que son

manifestacións unha serie de ritos, incluso prácticas supersticiosas, relativas aos máis significativos

elementos naturais, sexan animados ou inanimados: o fogo, as diversas clases de

pedras, os astros (en especial, a lúa), as árbores, algúns animais e a auga.

Non debe esquecerse que nas lendas galegas latexa un fondo substrato de raizame celta.

Precisamente o pobo celta caracterizouse polo feito de non deixar documentos escritos na

gran parte dos abundantes lugares de Europa que ocuparon desde varios séculos antes da

nosa era. Foi súa característica esencial a tradición oral, transmitida de xeración en xeración,

e que deu orixe a unha gran cantidade de contos e lendas. Con independencia da intensidade

co que o celtismo arraigou no territorio galego, por outra parte cuestión sempre en discusión,

é innegable a similitude de moitas lendas galegas con outras dos pobos de Irlanda, Escocia,

País de Gales, Bretaña ou Valonia 3 .

1 Vicente RISCO. Etnografía. Cultura espiritual. En: Historia de Galiza. Tomo I. Ramón Otero Pedrayo (Dir.). Bos Aires,

1962.

2 Leandro CARRÉ ALVARELLOS. Las leyendas tradicionales gallegas. Espasa Calpe. Madrid, 1989.

3 Jean MARKALE. Contos e Lendas dos países celtas. Editorial Toxosoutos. Noia, 1999.

346 NALGURES • TOMO II • AÑO 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!