28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O Dicionario de alimentación e restauración que agora se presenta vén sumar unha nova

achega a unha escasa bibliografía deste ámbito, representada en gran medida por receitarios, obras

xenéricas sobre o vocabulario comercial e algunha publicación especializada, como a Guía de alimentación

(Xunta de Galicia, 1995) e o Diccionario galego de gastronomía (Edicións Lea, 1999).

Esta bibliografía complétase con obras temáticas referidas aos distintos alimentos, como as guías

de peixes, plantas, cogomelos ou algas.

Nas fases iniciais do proxecto recorreuse a moitas destas fontes especializadas a fin de reunir

un corpus representativo das voces utilizadas polos profesionais deste ámbito, pero tamén a obras

en castelán e outras linguas para dar solución a baleiros denominativos existentes na lingua galega.

A continuación, deseñouse unha árbore conceptual que delimitase o alcance do proxecto, ao

tempo que permitise seleccionar os termos pola súa adecuación temática e facilitase o seu tratamento

sistemático. Fóronse traballando despois os termos para recompilar toda a información

existente sobre cada un deles, prestando especial atención á redacción da definición dos conceptos,

á selección dos nomes que recibían nas distintas linguas e á documentación das denominacións

galegas existentes. Finalmente, determináronse as formas galegas recomendadas, especificamente

no relativo á adaptación de estranxeirismos, e implicouse a diversos expertos para que

prestasen o seu asesoramento na resolución de dúbidas e revisión dos rexistros.

Desexamos expresar o noso agradecemento a todas as persoas que fixeron posible a realización

desta obra, en especial a Pedro Benavente e a Xesús Ferro, pola súa contribución á resolución

de dúbidas puntuais e cesión de materiais da súa autoría; a David de Lorenzo, profesional

da hostalaría, pola revisión do vocabulario culinario; a Marisa Castro, polo asesoramento

nos termos micolóxicos; a Pilar Díaz, pola axuda prestada en ficoloxía; a Isabel Pérez, polas

achegas sobre nutrición; a Francisco Fernández Rei polas súas achegas, especialmente nos termos

relacionados co mundo do mar; e finalmente a Carmen Manzano e Beatriz Dieste, por

axudarnos a afrontar a última etapa desta obra.

Este dicionario nace con vontade normativizadora, e constitúe a primeira obra destas características

deseñada desde o punto de vista dos profesionais da restauración, pero destinada a un

público obxectivo heteroxéneo, entre o que podemos citar profesionais da tradución, lingüistas,

xornalistas e, en xeral, todas aquelas persoas ligadas ao ámbito da hostalaría.

Esperamos que este traballo sirva para contribuír á normalización da terminoloxía gastronómica

e culinaria en lingua galega, resolver dúbidas puntuais sobre os termos e facilitar a comunicación

entre os profesionais do sector.

10

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!