28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Cómpre mencionar que moitos dos conceptos seleccionados carecen dun equivalente exacto

noutras linguas, xa que responden a unha realidade específica dunha cultura. Neste dicionario

dánselles distintas solucións a estes estranxeirismos.

No castelán recolléronse as denominacións máis frecuentes que recibían os conceptos, sen

prestar atención á súa normativización (por exemplo, inclúese “whisky” como termo principal e

“güisqui” como secundario, xa que é de uso máis frecuente, a pesar de que a segunda sexa a recomendada

no dicionario normativo do castelán).

As correspondencias que se inclúen en inglés ilustran a tendencia desta lingua ao uso de estranxeirismos

—galicismos na maioría dos casos—, xa documentados nos dicionarios (como “à

la marinière”, “cannelloni”, “empanada”, “fleur de sel”, “langue de chat” ou “piquillo”). Por

outra parte, incluíronse paráfrases ou explicacións para aqueles conceptos propios da gastronomía

galega ou española que non son coñecidos polo público anglófono e que non se entenderían

se o termo figurase na lingua orixinal. Para a elección destas paráfrases, recorreuse á idea principal

ou subxacente en cada termo, de forma que o destinatario poida chegar a entender en que

consiste o produto, por exemplo, ofrecemos “legume stew” (cocido), “cured ham” (xamón curado)

ou “spicy diced fried pork” (zorza).

Con todo, cando sexa necesario traducir algún destes termos que carecen dunha equivalencia

noutra lingua por tratarse dunha referencia cultural, recomendamos conservar a denominación

da lingua orixinal e achegar entre parénteses unha equivalencia aproximada, como as paráfrases

que se ofrecen neste dicionario, ou viceversa, de modo que o destinatario do escrito non perda a

referencia á lingua orixinal e ao mesmo tempo conte cunha denominación aproximada ou explicación

na súa lingua.

Nalgúns casos, para solucionar ese baleiro denominativo tamén pode ser recomendable o recurso

a nomes xenéricos acompañados de adxectivos toponímicos, como “Galician broth”

(caldo), “Portuguese seafood stew” (cataplana) ou “Basque leek and potato soup” (porrusalda).

Como o uso das maiúsculas e minúsculas en inglés pode resultar problemático, por exemplo,

no tocante aos nomes de uvas, viños ou queixos, nesta obra seguiuse a grafía recollida nos principais

dicionarios de inglés e, a falta disto, a utilizada con maior frecuencia en páxinas especializadas.

Con todo, cómpre advertir que as guías de estilo de xornais tan reputados como The

Guardian ou The Times recomendan escribir estes termos en minúsculas, por tratarse de nomes

comúns.

Nomes científicos

Os rexistros desta obra correspondentes a seres vivos —maiormente plantas, animais, algas e

cogomelos— inclúen o nome científico que se lles atribúe, o que permite a identificación de cada

organismo e evita posibles confusións motivadas pola asignación dun mesmo nome común a especies

distintas.

O nome científico móstrase a continuación da información conceptual, igual que se se tratase

dunha equivalencia noutra lingua, pero en cursiva e precedido da abreviatura NC.

En cambio, naqueloutros rexistros nos que só se citan estes organismos nunha definición, a

información taxinómica inclúese entre parénteses na propia definición, sen facer referencia ao des-

16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!