28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

posteriores, entre a folla dura e o xarrete,

de forma ovoide, dura e tendinosa, consi -

derada de primeira categoría.

es culata de contra

en heel

fécula s.f. Amidón que se obtén principal -

mente das raíces ou tubérculos vexetais, en

especial da pataca, e que se emprega na alimentación

ou con fins industriais.

es fécula

en starch

fégado s.m. Véxase: fígado

feixoa s.f. Froito en baga da planta Acca sellowiana,

de forma oblonga, coa pel rugosa

de cor verde, a polpa branca con pe quenas

pebidas, moi zumarenta e aromá tica e de

sabor doce.

es feijoa

en feijoa

feixoada s.f. Prato típico do Brasil, elaborado

principalmente con feixóns negros e carne

de porco, que adoita servirse acompañado

de arroz.

es feijoada

en feijoada

feixón s.m. Semente da planta do mesmo

nome (Phaseolus vulgaris), reniforme, de

cor abrancazada, avermellada ou negra segundo

as variedades, que se comercializa

fresca, seca ou cocida e en conserva.

gl faba

gl chicho

es alubia

es judía

es fréjol

en bean

en kidney bean

en French bean [GB]

en haricot [GB]

feixón de China loc.s.m. Semente da planta

do mesmo nome (Vigna radiata), de forma

ovoide e cor verde ou amarelada, moi utili

zada na cociña chinesa, que se adoita comercializar

xerminada.

es judía mungo

en mung

en mung bean

feixón verde loc.s.m. Vaíña tenra do feixón

(Phaseolus vulgaris), de forma alongada,

plana ou cilíndrica, e cor verde, que se consome

cocida.

es judía

es judía verde

en green bean

en French bean [GB]

fenogreco s.m. Semente da planta do mesmo

nome (Trigonella foenum-graecum), de

forma romboide e cor amarelada, que se

emprega como condimento.

es alholva

es fenogreco

en fenugreek

fermentación s.f. Proceso que consiste en

expoñer un alimento ou bebida á acción de

fermentos, co fin de alterar as súas propie -

dades e prolongar a súa conservación.

es fermentación

en fermentation

fermentar v.i. Sufrir un alimento a acción de

lévedos, bacterias ou fungos co fin de alte -

rar as súas propiedades e prolongar a súa

conservación.

es fermentar

en ferment

fermento s.m. Masa fermentada que se mes -

tura con outra para que levede.

gl lévedo

gl requento

es levadura

en sourdough

fernet s.m. Bebida de cor parda escura e sabor

amargo, que se obtén por maceración de

diversas herbas ou dilución dos seus ex -

tractos, cun contido en azucre inferior a

20 g/l e unha graduación alcohólica com -

prendida entre 38° e 47°.

es fernet

en fernet

ferrón s.m. Uva tinta autóctona de Galicia, de

tamaño mediano, forma esférica, pel de

grosor medio de cor negra azulada e polpa

zumarenta, utilizada especialmente para a

elaboración dos viños da denominación de

orixe Ribeiro.

es ferrón

en ferrón

fervedoiro s.m. Recipiente ou aparato que se

emprega para ferver líquidos, principal -

mente auga ou leite.

es hervidor

en kettle

113

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!