28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

paíños chineses loc.s.m.pl. Par de variñas,

xeralmente de madeira, co que se toman os

alimentos típicos da gastronomía oriental.

es palillos

en chopsticks

palla s.f. Cana oca e delgada que se emprega

para sorber líquidos.

es paja

es pajita

es pajilla

en straw

palmeira s.f. Doce en forma de corazón, que

se elabora con masa de follado e se recobre

con azucre ou chocolate.

es palmera

en palmier

palmeta s.f. Véxase: fletán

palo cortado loc.s.m. Xerez de cor castaña,

sometido a un proceso de crianza oxidativa,

con propiedades aromáticas similares

ao amontillado e espesor similar ao oloroso,

cun contido en azucre inferior a 5 g/l

e unha graduación alcohólica comprendida

entre 17° e 22°.

es palo cortado

en palo cortado

palometón s.m. Peixe azul de gran tamaño,

que pode acadar 2 m de lonxitude, de corpo

alto e comprimido lateralmente, co dorso

de cor parda verdosa, ventre e flancos prateados,

sete espiñas pequenas na primeira

aleta dorsal, boca grande, con varias filas

de dentes aguzados e mandíbula inferior

máis prominente que a superior.

es palometón

en leerfish

NC Lichia amia

pan s.m. Produto que resulta da cocción no

forno dunha masa obtida pola mestura de

fariña e auga, con ou sen adición de sal,

fermentada pola acción do lévedo.

es pan

en bread

pan ácimo loc.s.m. Véxase: pan asmo

pan asmo loc.s.m. Pan que non leva lévedo

na masa.

gl pan ácimo

es pan ácimo

es pan ázimo

es pan cenceño

en unleavened bread

180

pan branco loc.s.m. Véxase: pan de trigo

pan candeal loc.s.m. Pan elaborado principalmente

con fariña de trigo candeal, que

se amasa con cilindros refinadores e presenta

a codia dura e o miolo compacto.

gl pan de miolo duro

es pan candeal

es pan de miga dura

es pan español

en hard-crumb bread

pan centeo loc.s.m. Véxase: pan de centeo

pan con tomate loc.s.m. Preparación típica

de Cataluña, que consiste nunha rebanda

de pan ou torrada, sobre a que se estende

tomate maduro e se condimenta con sal,

aceite de oliva e allo.

es pan con tomate

en tomato bread

pan de allo loc.s.m. Rebanda de pan untada

con allo e aceite e posteriormente torrada.

es pan de ajo

en garlic bread

pan de cabra loc.s.m. Véxase: cantarelo

pan de centeo loc.s.m. Pan de cor escura,

elaborado con fariña centea.

gl pan centeo

gl pan moreno

gl pan negro

es pan de centeno

es pan negro

en rye bread

pan de farelo loc.s.m. Pan elaborado cunha

mestura de fariña refinada e farelo.

gl pan de relón

es pan de salvado

en bran bread

pan de figos loc.s.m. Pan que leva figos

pasos na masa.

es pan de higos

en fig bread

pan de flama loc.s.m. Pan elaborado con

maior proporción de auga que o candeal,

que non require a utilización de cilindros

refinadores, coa codia semidura e o miolo

con moitos ollos.

gl pan de miolo brando

es pan de flama

es pan de miga blanda

en soft-crumb bread

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!