28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

wakame s.m. Alga parda que pode acadar 2 m

de lonxitude, formada por un rizoide do

que sae un estipe aplanado, coa lámina laciniada

e un nervio central, lixeiramente

carnosa, que adoita comercializarse deshidratada.

es wakame

en wakame

NC Undaria pinnatifida

wasabi s.m. Raíz fresca ou desecada do ravo

xaponés (Eutrema japonica), carnosa, de

forma alongada, nodosa, de cor verdosa e

sabor picante, que se emprega como condimento,

especialmente na cociña xaponesa.

es wasabi

en wasabi

whisky s.m. Bebida elaborada a partir da mestura

de augardente de malte de orxo e alcohol

destilado e fermentado procedente

doutros cereais, envellecida en bocois de

carballo durante un mínimo de tres anos, e

cunha graduación alcohólica comprendida

entre 40° e 58°.

es whisky

es güisqui

en whisky [GB]

en whiskey [US]

w

whisky escocés loc.s.m. Whisky orixinario de

Escocia, que se obtén por destilación dun

mosto fermentado de malte de orxo, envellecido

en barricas de carballo durante un

mínimo de tres anos, cunha graduación alcohólica

superior a 40°.

gl escocés

es whisky escocés

es escocés

en Scotch

en Scotch whisky

whisky irlandés loc.s.m. Whisky orixinario

de Irlanda, que se obtén por destilación dun

mosto fermentado de orxo e outros cereais,

envellecido en barricas de madeira durante

un mínimo de tres anos, cunha graduación

alcohólica superior a 40°.

gl irlandés

es whisky irlandés

es irlandés

en Irish whiskey

wok s.m. Recipiente similar a unha tixola,

pero de forma cónica, moi utilizado na cociña

oriental para saltear, frixir ou cociñar

ao vapor.

es wok

en wok

249

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!