28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

comida 1 s.f. Conxunto de alimentos e bebidas

que se toman en determinados momentos

do día, a unhas horas máis ou menos regulares.

es comida

en meal

comida 2 s.f. Véxase: xantar 2

comida lixo loc.s.f. Comida de moi baixa calidade,

escaso valor nutritivo e, polo xeral,

de alto contido calórico.

es comida basura

en junk food

comida para levar loc.s.f. Comida preparada

para ser consumida fóra do restaurante

ou establecemento no que se adquire.

es comida para llevar

en takeaway [GB]

en takeout [US]

en carryout [US]

comida preparada loc.s.f. Elaboración culinaria

resultado da preparación dun ou varios

produtos alimenticios de orixe animal

ou vexetal, que se presenta en cru, cociñada

ou precociñada, e que adoita comercializarse

envasada.

es comida preparada

en convenience food

comida rápida loc.s.f. Comida que se produce

de forma industrial e se serve e consome

nun tempo moi reducido.

es comida rápida

en fast food

comiño s.m. Froito en aquenio da planta do

mesmo nome (Cuminum cyminum), moi

aromático, fusiforme e de cor marrón escura,

con sete costelas exteriores de cor

máis clara, que se emprega unha vez desecado

como condimento.

es comino

en cumin

comiño negro loc.s.m. Semente da planta do

mesmo nome (Nigella sativa), de pequeno

tamaño, cor negra, textura dura e rugosa e

sabor picante, que se emprega como condimento,

especialmente para aromatizar

produtos de panadaría.

es neguilla

es ajenuz

en black cumin

en black caraway

84

compango s.m. Rebanda pequena de pan, tapada

ou non, sobre a que se coloca algún

condimento ou vianda, e que xeralmente se

serve como aperitivo.

es montado

es montadito

en small sandwich

complemento alimenticio loc.s.m. Produto

que ten como finalidade complementar a

dieta normal e que se caracteriza por ser

unha fonte concentrada de nutrientes ou

doutras substancias que teñen un efecto nutricional

ou fisiolóxico, e que se comercializa

dosificado.

es complemento alimenticio

en food supplement

compota s.f. Preparación doce elaborada con

froitas cocidas nun almibre.

es compota

en compote

con allo loc.adx. Véxase: ao allo

conca 1 s.f. Véxase: cunca 1

conca 2 s.f. Véxase: cunca 2

concada s.f. Véxase: cunca 2

concentrar v.t. Aumentar a proporción dunha

substancia disolta nun líquido reducindo a

cantidade deste.

es concentrar

en concentrate

concharela s.f. Véxase: peneira 2

concho s.m. Véxase: noz

conco s.m. Véxase: cunco 1

condensar v.t. Facer máis densa unha preparación

líquida reducindo o seu contido en

auga.

es condensar

en condense

condimentar v.t. Véxase: sazonar

condimento s.m. Substancia que se lle bota

en pequenas cantidades a unha preparación

para realzar o seu sabor.

es condimento

en condiment

confeitado, confeitada adx. Véxase: almibrado,

almibrada

confeitar 1 v.t. Véxase: almibrar

confeitar 2 v.t. Cocer as froitas ou os froitos

secos nun almibre para que o azucre penetre

no seu interior.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!