28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Entradas

Esta obra é un dicionario monolingüe en galego con equivalencias en castelán e inglés e con

indicación dos nomes científicos no caso dos seres vivos. Os lemas móstranse ordenados alfabeticamente,

e van seguidos da categoría gramatical que lles corresponde e dunha definición, nos

lemas principais, ou dunha marca remisiva, nos sinónimos. A continuación, inclúense as equivalencias

en castelán e mais en inglés e, no caso dos seres vivos, o nome científico que se lles

atribúe.

As entradas pluriverbais preséntanse ordenadas secuencialmente (“en pepitoria”), seguindo

a estrutura lóxica na frase.

Para clasificar os termos como principais ou secundarios, atendeuse ao criterio de adecuación

lingüística, pero cando varias formas cumprían este requirimento, recorreuse entón á frecuencia

de uso para a súa ordenación.

As formas homógrafas, así como as distintas acepcións dos termos, preséntanse numeradas a

fin de evitar confusións e poder localizar correctamente as correspondencias nos índices. Por

exemplo, inclúese “amargar1 ” como verbo transitivo e “amargar2 ” como verbo intransitivo ou

“trufa1 ” como fungo do xénero Tuber e “trufa2 ” como doce de forma arredondada e cuberto de

chocolate.

A adaptación das denominacións estranxeiras ao galego realizouse nalgúns casos recorrendo

ao calco (“comida rápida”, “appertizar”), á adaptación gráfica (“brézel”, “chapata”) ou á sintagmación

(“amorodo grande”, “grosella negra”). Noutros casos, recorreuse ao préstamo (“coulis”,

“gruyère”) e marcáronse en cursiva aquelas formas aínda non integradas na lingua.

Os sinónimos e variantes dun termo unicamente se mostran no rexistro xenérico, de modo

que as entradas formadas a partir dese termo só incluirán as voces consideradas principais. Así,

se “cangrexo” aparece como termo principal e “caranguexo” como variante, aínda que “cangrexo

real” teña tamén como sinónimo “caranguexo real”, nesta obra soamente se incluirá a primeira

destas formas. Este criterio aplicouse tamén ás equivalencias en castelán e inglés, agás cando

estes cambios se debían á variación diatópica. Nestes casos mantéñense as distintas grafías, seguidas

da marca xeolectal correspondente.

Así e todo, a sinonimia mostrada nas formas procedentes da lingua común non é completa, xa

que en lugar de mostrar a lista completa de sinónimos, acordouse mostrar só aqueles considerados

neutros, máis precisos ou máis frecuentes, como sucede cos termos que designan a “capa superficial

e de grosor variable dalgunhas froitas e hortalizas”, que nesta obra se reduciron a “tona”,

“plana”, “para”, “pela” e “pel”, en lugar de citar todos os sinónimos incluídos nos dicionarios de

lingua xeral.

Dado que este dicionario está dirixido a profesionais da hostalaría e usuarios deste servizo, os

nomes comúns dos seres vivos están adaptados a este ámbito, e por tanto poden non reflectir con

exactitude as denominacións recomendadas ou propostas en obras científicas. Un exemplo disto

é “Merluccius merluccius”, especie denominada “pescada branca” en fontes zoolóxicas, pero

coñecida habitualmente como “pescada”.

12

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!