28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

viño quinado loc.s.m. Viño aromatizado con

cortiza de quina.

es vino quinado

en quinquine wine

viño rosado loc.s.m. Véxase: rosado

viño seco loc.s.m. Viño cun contido en azucre

residual inferior a 5 g/l.

es vino seco

en dry wine

viño semidoce loc.s.m. Viño cun contido en

azucre residual comprendido entre 30 e

50 g/l.

es vino semidulce

en medium-sweet wine

viño semiseco loc.s.m. Viño cun contido en

azucre residual comprendido entre 15 e

30 g/l.

es vino semiseco

en medium-dry wine

viño tinto loc.s.m. Véxase: tinto

viño tostado loc.s.m. Viño doce, de cor xeralmente

dourada, elaborado a partir do

mosto procedente de uvas pasificadas, producido

principalmente na denominación de

orixe Ribeiro.

es vino tostado

en toasted wine

viño vello loc.s.m. Viño que envelleceu de

maneira oxidativa durante un período mínimo

de 36 meses.

es vino viejo

en old wine

viño verde loc.s.m. Viño novo e acedo producido

no norte de Portugal, con denominación

de orixe propia.

es vino verde

en vinho verde

viño xeneroso loc.s.m. Viño seco, abocado ou

doce ao que se lle engadiu alcohol vínico

ou viño doce natural, cunha graduación alcohólica

comprendida entre 14° e 23°.

es vino generoso

es vino de postre

en fortified wine

viñoteca s.f. Establecemento especializado no

servizo e venda de viños.

gl enoteca

es vinoteca

es enoteca

en wine bar

viradeira s.f. Prato provisto dunha agarradoira,

que se utiliza para darlle a volta á

tortilla ou escoar o aceite da tixola.

es plato volteador de tortilla

en tortilla turner

viriato s.m. Véxase: andoa

víscera s.f. Calquera dos órganos contidos nas

cavidades cranial, torácica e abdominal dos

animais de abasto.

es víscera

en viscus

vitamina s.f. Substancia orgánica presente

nos alimentos en moi pequena cantidade e

que realiza funcións vitais no organismo.

es vitamina

en vitamin

vitamínico, vitamínica adx. Que contén vitaminas.

es vitamínico, vitamínica

en vitamin

vitela s.f. Véxase: tenreira

vitrocerámica s.f. Placa de material vitrocerámico.

gl placa vitrocerámica

es vitrocerámica

es placa vitrocerámica

en glass-ceramic hob [GB]

en glass-ceramic cooktop [US]

voadora s.f. Véxase: vieiriña

vodka s.amb. Bebida incolora, orixinaria de

Rusia e Polonia, que se obtén de alcohois

rectificados, diluídos con auga e purificados,

cunha graduación alcohólica comprendida

entre 38° e 50°.

es vodka

es vodca

en vodka

volcán de chocolate loc.s.m. Doce elaborado

cun biscoito de chocolate reenchido

de chocolate derretido, que se serve quente.

es coulant

es volcán de chocolate

en chocolate lava cake

en molten chocolate cake

volován s.m. Pastel oco elaborado con masa crebada

ou de follado, que se coce e se reenche

de diversos ingredientes doces ou salgados.

es volován

en vol-au-vent

volvedoira s.f. Véxase: escumadeira

247

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!