28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

es adobo

en seasoning

adobo 2 s.m. Líquido composto principalmente

de viño, vinagre, herbas aromáticas e pemento,

no que se pon a remollo un alimento,

polo xeral unha carne, para aromatizalo,

abrandalo ou conservalo antes de

cociñalo.

gl adubo

es adobo

en marinade

adozar v.t. Véxase: edulcorar

adubar 1 v.t. Véxase: sazonar

adubar 2 v.t. Véxase: adobar 2

adubo 1 s.m. Véxase: adobo 1

adubo 2 s.m. Véxase: adobo 2

advocaat s.m. Bebida elaborada con xema de

ovo, cun contido en azucre superior a

150 g/l e unha graduación alcohólica inferior

a 22°.

es advocaat

en advocaat

aferventar v.t. Facer ferver lixeiramente un

líquido ou un alimento introducido neste

durante un breve período de tempo.

es herventar

en parboil

afiadoira s.f. Véxase: pedra de afiar

afiar v.t. Facerlle fío a un instrumento cortante.

gl aguzar

es afilar

es aguzar

en sharpen

afroitado, afroitada adx. Que ten un sabor

ou olor semellante ao da froita.

es afrutado, afrutada

en fruity

afumadura s.f. Proceso que consiste en expoñer

un alimento á acción do fume, co fin

de inhibir a actividade microbiana, prolongar

a súa conservación e darlle sabor.

es ahumado

en smoking

afumar v.t. Expoñer un alimento á acción do

fume, co fin de prolongar a súa conser -

vación e darlle sabor.

es ahumar

en smoke

26

ágape s.m. Comida que reúne a certo número

de persoas para celebrar algún acontecemento.

gl banquete

es ágape

es banquete

en banquet

ágar-ágar s.m. Substancia mucilaxinosa extraída

de certas algas vermellas, espe -

cialmente dos xéneros Gelidium, Gracilaria

e Eucheuma, que se emprega na

industria alimentaria como xelificante.

Nota: Número CE: E-406

es agar-agar

es agar

es agaragar

en agar

en agar-agar

agarrador s.m. Peza de tea, illante da calor,

que serve para agarrar obxectos quentes

sen queimarse.

es agarrador

en pot holder

agraz s.m. Zume elaborado con uvas que

aínda non maduraron.

es agraz

en verjuice

agre adx. Véxase: acedo, aceda

agrear 1 v.t. Véxase: acedar 1

agrear 2 v.i./p. Véxase: acedar 2

agridoce adx. Que ten un sabor agre e doce

ao mesmo tempo.

es agridulce

en sweet-and-sour

agrón s.m. Planta herbácea de talos ocos, follas

ovais ou lanceoladas, de cor verde escura,

e flores abrancazadas agrupadas en

panículas, da que se consomen os talos e

follas, de sabor lixeiramente picante, principalmente

en ensalada.

gl brizo

es berro

es mastuerzo

en watercress

NC Nasturtium officinale

aguacate s.m. Froito en drupa da planta do

mesmo nome (Persea americana), coa pel

engurrada de cor verde e a polpa abran cazada,

moi manteigosa, cunha carabuña

grande no centro.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!