28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ada e a carne amarelada, moi aromática,

de sabor lixeiramente acedo.

gl mazá reineta

es reineta

es manzana reineta

en russet

en russet apple

relador s.m. Utensilio provisto dunha placa

metálica con pequenos buracos de bordos

saíntes, que se emprega para relar diferentes

alimentos.

es rallador

en grater

reladura s.f. Conxunto de fragmentos que resultan

de relar un alimento.

es ralladura

en gratings

relar v.t. Dividir un alimento en anacos de pequeno

tamaño coa axuda dun relador.

es rallar

en grate

relón s.m. Véxase: farelo

reloxo s.m. Molusco bivalvo coas cunchas sólidas

e grosas, de contorno circular e cor

abrancazada ou apardazada, con bandas radiais

rosadas, liñas concéntricas finas e sifóns

curtos e unidos.

es reloj

en rayed artemis

NC Dosinia exoleta

remexer v.t. Darlle voltas a unha preparación

dentro dun recipiente e coa axuda dun

utensilio para mesturar os seus ingredientes

ou evitar que se pegue.

gl mexer

gl revolver

es remover

es revolver

en stir

remolacha s.f. Raíz da planta do mesmo

nome (Beta vulgaris), fusiforme, grosa e

carnosa, coa pel de cor violácea ou amarelada

segundo as variedades, e a carne

abrancazada, doce e zumarenta, que se

consome cocida ou se utiliza para a obtención

de azucre.

es remolacha

en beetroot [GB]

en beet [US]

remollar v.t. Introducir un alimento nun líquido

durante certo tempo para abrandalo,

desalgalo ou rehidratalo.

es remojar

en steep

reno s.m. Carne de caza maior que se obtén

do mamífero do mesmo nome (Rangifer

tarandus).

es reno

en venison

en reindeer meat

reo s.m. Peixe azul que vive no mar e desova

nos ríos, similar ao salmón, de corpo alongado

e comprimido lateralmente, dorso de

cor parda agrisada con pintas negras, flancos

prateados e ventre abrancazado.

gl troita marisca

gl troita salmonada

es reo

es trucha de mar

en sea trout

NC Salmo trutta trutta

repetir v.t. Servirse de novo do que se acaba

de comer ou beber.

Nota: Úsase tamén como absoluto.

es repetir

en have seconds

repolo s.m. Col de talo curto e follas amplas

e apertadas, de cor verde polo exterior e

abrancazada polo interior, que forman unha

cabeza esférica e da que se consomen as

follas cocidas.

es repollo

en cabbage

NC Brassica oleracea var. capitata

repostaría 1 s.f. Véxase: pastelaría 2

repostaría 2 s.f. Arte e oficio de traballar as

masas para elaborar doces.

gl repostería

es repostería

en pastry making

repostaría 3 s.f. Conxunto de doces elaborados

con masa.

gl repostería

es repostería

en pastry

repostería 1 s.f. Véxase: pastelaría 2

repostería 2 s.f. Véxase: repostaría 2

repostería 3 s.f. Véxase: repostaría 3

211

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!