28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

tida a un breve período de curación, que

adoita consumirse cociñado.

es chistorra

en thin chorizo from Navarra

choco s.m. Molusco cefalópodo similar á lura,

pero co corpo ovado, máis curto e ancho,

de cor apardazada con bandas brancas e rematado

nun ángulo obtuso, con dúas aletas

estreitas, oito brazos con catro filas de ventosas

e dous tentáculos retráctiles, provisto

dunha cuncha interna, ancha e plana, e

unha bolsa de tinta.

gl xiba

es choco

es jibia

es sepia

en cuttlefish

NC Sepia officinalis

chocolataría s.f. Establecemento onde se

prepara e serve chocolate.

gl chocolatería

es chocolatería

en chocolate café

chocolate 1 s.m. Produto obtido da mestura de

cacao, manteiga de cacao e azucre.

es chocolate

en chocolate

chocolate 2 s.m. Bebida elaborada con pasta de

chocolate disolta e cocida en leite ou auga,

que adoita consumirse quente.

es chocolate

en chocolate

chocolate branco loc.s.m. Produto obtido da

mestura de manteiga de cacao, leite ou produtos

lácteos e azucre.

es chocolate blanco

en white chocolate

chocolate con leite loc.s.m. Produto obtido

a partir da mestura de cacao, manteiga de

cacao, azucre e leite ou produtos lácteos.

es chocolate con leche

en milk chocolate

chocolate de facer loc.s.m. Produto obtido a

partir da mestura de cacao, manteiga de

cacao, azucre e fariña ou amidón, que se

coce en leite ou auga e se consome bebido.

es chocolate a la taza

en drinking chocolate

chocolateira s.f. Recipiente para facer ou

servir o chocolate.

es chocolatera

76

en chocolate pot

chocolatería s.f. Véxase: chocolataría

chop suey loc.s.m. Preparación de orixe chinesa,

feita con verduras variadas, cortadas

en anacos, acompañadas xeralmente de

tiras de carne, marisco ou peixe e salteadas

con salsa de soia.

es chop suey

en chop suey

chopiño s.m. Molusco cefalópodo similar ao

choquiño, pero máis pequeno, co corpo de

cor verdosa con manchas avermelladas e

marxes onduladas, dúas aletas circulares

nos lados e oito brazos máis curtos.

es globito

en dwarf bobtail

NC Sepiola rondeletii

chopo s.m. Porción pequena de líquido que se

bebe dunha vez.

gl grolo

gl sorbo

gl trago

es trago

es sorbo

en sip

chopped s.m. Embutido elaborado cunha

mestura de carne e graxa, principalmente

de porco, picadas ou cortadas, sazonada

con sal e outros condimentos e aditivos,

embuchada nunha tripa artificial e sometida

a un proceso de cocción.

es chóped

en chopped ham

choquiño s.m. Molusco cefalópodo similar

ao choco, pero de menor tamaño, co corpo

groso e globoso, de cor apardazada e rematado

nun ángulo agudo, cuncha máis estreita

e alongada e oito brazos con dúas

filas de ventosas en zigzag.

es choquito

en elegant cuttlefish

NC Sepia elegans

chorro s.m. Cantidade de líquido que se lle

engade dunha vez a unha preparación.

es chorro

en drizzle

choupa 1 s.f. Molusco cefalópodo similar á

lura, pero co corpo de cor abrancazada,

cabeza máis voluminosa, aletas máis anchas

e atrasadas, coa inserción superior

lobulada, oito brazos grosos e musculosos

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!