28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cociña 1 s.f. Lugar dunha casa ou dun establecemento

hostaleiro onde se preparan e cociñan

os alimentos.

es cocina

en kitchen

cociña 2 s.f. Arte de cociñar propia de cada persoa,

rexión ou país.

es cocina

en cuisine

cociña 3 s.f. Aparato alimentado por electricidade,

gas, leña ou carbón que se emprega

para cociñar.

es cocina

en cooker

cociña quente loc.s.f. Departamento da cociña

onde se transforman os alimentos crus

por medio da calor e onde se atopan as máquinas

e utensilios destinados a este fin.

es cocina caliente

en hot kitchen

cociñar v.t. Preparar un alimento para consumilo,

expoñéndoo a unha fonte de calor.

Nota: Úsase tamén como absoluto.

es cocinar

es guisar

en cook

cociñeiro, cociñeira s. Persoa que, nunha

cociña, se encarga de elaborar as diferentes

preparacións.

es cocinero, cocinera

en cook

coco s.m. Froito en drupa da planta do mesmo

nome (Cocos nucifera), cunha casca externa

de cor verde, que se desbota, e outra

interna, moi dura, fibrosa e de cor marrón

que contén unha polpa branca e carnosa adherida

á súa cara interna e abundante líquido.

es coco

en coconut

cococha s.f. Cada unha das protuberancias

carnosas que se atopan na parte inferior da

cabeza dos peixes, principalmente da pescada

e do bacallau.

es cococha

en fleshy low jaw

cocote s.m. Corte do peixe que comprende a

cabeza con parte do lombo e da ventrecha.

es cogote

en nape

80

cóctel 1 s.m. Bebida, con ou sen alcohol, que

se obtén da mestura dun ou varios licores e

outros ingredientes e se prepara directamente

na copa, no vaso de mesturas ou na

cocteleira.

es cóctel

en cocktail

cóctel 2 s.m. Prato composto por unha mestura

de varios ingredientes, principalmente marisco,

que se serven acompañados dunha

salsa.

es cóctel

en cocktail

coctelaría 1 s.f. Arte de elaborar cócteles.

gl coctelería

es coctelería

en mixology

coctelaría 2 s.f. Establecemento especializado

na preparación de cócteles.

gl coctelería

es coctelería

en cocktail lounge

cocteleira s.f. Utensilio no que se mesturan

diferentes líquidos para a preparación de

cócteles.

es coctelera

en cocktail shaker

coctelería 1 s.f. Véxase: coctelaría 1

coctelería 2 s.f. Véxase: coctelaría 2

codia s.f. Parte exterior e dura do pan.

es corteza

en crust

codillo s.m. Peza de porco que comprende a

articulación que une o fémur coa tibia e o

peroné, xunto coa musculatura que a envolve,

rica en graxa, considerada de categoría

inferior.

es codillo

en hock

coella s.f. Véxase: col

coello s.m. Carne de consistencia fibrosa e

dura, sen apenas graxa e cunha cor rosada,

que se obtén do mamífero do mesmo nome

(Oryctolagus cuniculus).

es conejo

en rabbit

cogombriño s.m. Cogombro de pequeno tamaño,

forma oblonga, pel de cor verde e

polpa abrancazada, cun sabor lixeiramente

amargo, que se apaña en estado inmaturo e

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!