28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

es cuajar

es coagular

en curdle

calleiro 1 s.m. Estómago dos animais de

abasto, especialmente do porco, que adoita

empregarse na elaboración de embutidos.

gl bandullo

gl ventrullo

gl estómago

es estómago

en tripe

calleiro 2 s.m. Véxase: presoiro

callo s.m. Véxase: presoiro

callos s.m.pl. Prato que se elabora con anacos

do estómago de certos animais, especial -

mente de vacún, cocidos coas patas e outros

ingredientes, como chourizo ou garavanzos.

es callos

en tripe

calvados s.m. Bebida orixinaria de Francia,

obtida por destilación da sidra, envellecida

durante un mínimo de dous anos en ba rricas

de carballo, cunha graduación alcohólica

de 40°.

Nota: A denominación procede do departa -

mento de Calvados (Francia), onde se elaboraba

orixinariamente.

es calvados

en calvados

calzone s.m. Preparación de orixe italiana que

ten como base unha masa circular dobrada

á metade, reenchida de diferentes ingredientes

e cocida no forno.

es calzone

es pizza calzone

en calzone

cámara de conxelación loc.s.f. Recinto que

se mantén a unha temperatura de aproxi -

madamente -20 °C, destinado a conservar

alimentos a longo prazo por medio da con -

xelación.

es cámara de congelación

en freezing room

cámara frigorífica loc.s.f. Lugar da cociña

equipado con instalacións de frío artificial

no que se conservan os alimentos de uso

non inmediato.

es cámara

es cámara frigorífica

en cold-storage room

64

en refrigerating room

camareiro, camareira s. Persoa que atende

os clientes nun establecemento hostaleiro.

es camarero, camarera

en waiter, waitress

camarón s.m. Crustáceo decápodo de corpo

alongado e comprimido lateralmente, co

cacho de cor verde agrisada con liñas marróns

transversais en cada segmento abdominal,

rostro aguzado, provisto de sete a

dez dentes e rematado nun bico lixeiramente

curvado cara a arriba, e antenas externas

longas e finas.

es camarón

es quisquilla

en common prawn

NC Palaemon serratus

camembert s.m. Queixo de orixe francesa,

elaborado con leite de vaca, coa codia

branda, de cor branca e recuberta de mofo

e a pasta branda, amarelada e de textura

cremosa, que adoita comercializarse en

caixas de madeira de forma cilíndrica.

Nota: A denominación procede da vila de

Camembert (Francia), onde se elaboraba

orixinariamente.

es camembert

en Camembert

camiño de mesa loc.s.m. Peza de tea ou

outro material, de forma rectangular, que

se coloca ao ancho ou ao longo da mesa

para protexela ou adornala.

es camino de mesa

en table runner

camomila s.f. Véxase: macela

campá s.f. Tapadeira, xeralmente metálica,

que se coloca sobre un prato para que non

arrefríen os alimentos ou para protexelos

de impurezas.

gl cubrepratos

es campana

es cubreplatos

en plate cover

campá extractora loc.s.f. Aparato xeralmente

de forma acampanada, que aspira e

extrae os gases e vapores produ cidos na cociña.

es campana extractora

en extractor hood [GB]

en range hood [US]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!