28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

mirabel s.m. Ameixa da planta Prunus domestica

subsp. syriaca, de pequeno tamaño,

forma arredondada, pel de cor amarela

e sabor doce.

gl ameixa mirabel

es mirabel

es ciruela mirabel

en mirabelle

en mirabelle plum

mirepoix s.f. Preparación elaborada con diversas

hortalizas, cortadas en pequenos

dados e refogadas en aceite ou manteiga,

que se emprega para confeccionar sopas ou

acompañar carnes e peixes.

es mirepoix

en mirepoix

mirin s.m. Produto típico do Xapón, moi similar

ao sake, pero con menor graduación

alcohólica e sabor máis doce, que se utiliza

principalmente para cociñar.

es mirin

en mirin

miso s.m. Pasta fermentada de orixe xaponesa,

elaborada con sementes de soia e sal, que

adoita incluír tamén algún cereal, como

arroz ou orxo, e que se emprega como condimento

en sopas e salsas.

es miso

en miso

mistela s.f. Viño doce elaborado con mosto

de uva, ao que se lle engade alcohol vínico

para evitar a fermentación e conseguir que

todo o azucre natural se manteña no mosto.

es mistela

en mistelle

miudanzas s.f.pl. Véxase: miúdos

miúdos s.m.pl. Conxunto das partes comestibles

dun animal de abasto que non forman

parte da canal, como vísceras, tecidos ou

sangue.

gl miudanzas

es casquería

es menudos

es despojos

en offal [GB]

en variety meats [US]

miúdos brancos loc.s.m.pl. Miúdos de cor

clara, ricos en tecido conxuntivo ou tecido

muscular liso, que adoitan comercializarse

unha vez sometidos a un proceso térmico.

es menudos blancos

es despojos blancos

en white offal [GB]

en white variety meats [US]

miúdos de ave loc.s.m.pl. Conxunto das partes

comestibles dunha ave que non forman

parte da canal, como vísceras ou tecidos.

es menudillos

en giblets

miúdos vermellos loc.s.m.pl. Miúdos de cor

vermella, ricos en sangue ou tecido muscular

estriado, que adoitan comercializarse

sen seren sometidos a ningunha preparación

previa.

es menudos rojos

es despojos rojos

en red offal [GB]

en red variety meats [US]

moca 1 s.m. Café orixinario de Arabia, de gran

pequeno e intenso aroma.

Nota: A denominación procede da cidade

de Moca (Iemen), onde se comercializaba

orixinariamente.

es moca

es moka

en mocha

moca 2 s.m. Preparación doce elaborada con

café, manteiga e azucre, que se emprega

para cubrir ou reencher pasteis e outros

doces.

es moca

es moka

en mocha

moega 1 s.f. Parte final do estómago das aves,

onde se trituran os alimentos, que adoita

consumirse guisada ou asada.

Nota: Úsase máis en plural.

gl moella

gl morzoa

es molleja

en gizzard

moega 2 s.f. Véxase: timo

moella s.f. Véxase: moega 1

moer v.t. Reducir un alimento a partículas moi

pequenas ou a po, especialmente por fricción.

es moler

en grind

moira s.f. Véxase: salmoira

mojito s.m. Bebida orixinaria de Cuba, que se

obtén da mestura de ron, zume de lima ou

161

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!