28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

en chip [GB]

en French fry [US]

pataca palla loc.s.f. Pataca cortada en láminas

finas e alongadas, de aproximadamente

1 mm de grosor e 5 cm de lonxitude, que se

prepara frixida.

es patata paja

en matchstick potato

en straw potato

pataca panadeira loc.s.f. Pataca cortada en

rodas finas, aproximadamente de 2 a 3 mm

de grosor, que se frixe en aceite con abundante

cebola.

es patata panadera

en boulangère potato

patacas engurradas loc.s.f.pl. Prato típico

canario, que consiste en pequenas patacas

fervidas coa pel, con pouca auga e bastante

sal que, despois de cocidas, se escorren e

se deixan uns minutos ao lume ata que engurran.

es papas arrugadas

en Canarian salted jacket potatoes

pataguillón s.m. Véxase: alcrique

paté s.m. Pasta elaborada con carne, peixe ou

vexetais condimentados, picados e cociñados,

que se consome fría.

es paté

en pâté

pateliña s.f. Véxase: zamburiña

pato s.m. Véxase: parrulo

patulate s.m. Crustáceo decápodo similar á

nécora, co cacho ovalado, de cor castaña

arrubiada, rugoso e sen pilosidades, con

tres dentes aguzados no bordo anterior, último

par de patas aplanado, cos extremos

azulados, e dúas pinzas grandes e desiguais

no primeiro par.

gl cangrexo de patas azuis

es falsa nécora

en blue-leg swimming crab

NC Liocarcinus depurator

pau de pan loc.s.m. Peza de pan de forma

alongada e cilíndrica, de aproximadamente

1 cm de diámetro, coa codia e o miolo

duros e textura crocante.

es colín

en breadstick

pau de surimi loc.s.m. Produto elaborado

con surimi, ao que se lle dá unha forma

186

rectangular e se lle engade colorante vermello,

a imitación das patas dun cangrexo.

es palito de cangrejo

en crab stick

paupiette s.f. Preparación de orixe francesa,

elaborada cun filete de carne ou peixe enrolado

e reenchido de diversos ingredientes,

que pode frixirse ou asarse.

es popieta

en paupiette

pavía s.f. Melocotón coa pel lisa e vermella e

a carne branca, adherida á carabuña.

es pavía

en clingstone peach

pavo s.m. Carne que se obtén da ave do

mesmo nome (Meleagris gallopavo).

es pavo

en turkey

pé azul loc.s.m. Cogomelo co sombreiro convexo

cando é novo e aplanado e co centro

deprimido na madurez, de cor violácea, pé

cilíndrico, algo máis claro que o sombreiro,

sabor moi doce e olor afroitado.

gl pistonuda

es pie azul

en wood blewit

NC Lepista nuda

pé violeta loc.s.m. Cogomelo co sombreiro

hemisférico cando é novo e lixeiramente

deprimido na madurez, de cor apardazada

ou agrisada, pé cilíndrico, abrancazado e

con tonalidades violáceas, e sabor doce.

es pie violeta

en field blewit

en blue leg

NC Lepista personata

pebida 1 s.f. Semente de determinadas froitas,

como a mazá ou a uva.

es pepita

es pipa

en pip

pebida 2 s.f. Semente de determinadas plantas,

especialmente do xirasol e a cabaza, que se

comercializa con ou sen casca e torrada ou

salgada como aperitivo.

es pipa

en seed

pectina s.f. Substancia vexetal, especialmente

presente nas froitas, que se emprega na industria

alimentaria como espesante ou xelificante.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!