28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en chop

costeleta 2 s.f. Porción de carne que se obtén

do lombo do ovino, xunto coa costela e

parte da vértebra correspondente.

Nota: Recoméndase utilizar a forma “cos -

teleta” seguida do animal do que procede,

como por exemplo “costeleta de año”.

es chuletita

es chuletilla

es chuleta

en chop

costeleta 3 s.f. Porción de carne que se obtén

do lombo do vacún maior, xunto coa costela

e parte da vértebra correspondente.

Nota: Recoméndase utilizar a forma “cos te -

leta” seguida do animal do que procede,

como por exemplo “costeleta de boi”.

es chuletón

es chuleta

en T-bone

en T-bone steak

costeleta de Saxonia loc.s.f. Costeleta de

porco típica da cociña alemá, sometida a

un proceso de cocción, salgadura e posterior

afumadura.

es chuleta de Sajonia

en kassler

en kasseler

coulis 1 s.m. Puré elaborado a partir de marisco

ou vexetais, que se utiliza como salsa ou

como ingrediente na preparación de cremas

e outras salsas.

es coulis

en coulis

coulis 2 s.m. Puré de froitas, xeralmente crúas,

que se emprega para acompañar prepara -

cións quentes ou frías.

es coulis

en coulis

coxa s.f. Peza de ave que comprende o fémur,

xunto coa musculatura que o envolve.

gl coxigón

es contramuslo

en thigh

coxigón s.m. Véxase: coxa

coza 1 s.f. Véxase: cocción 1

coza 2 s.f. Véxase: cocción 2

cravo s.m. Botón floral desecado do craveiro

(Syzygium aromaticum), en forma de

cravo, de cor parda e moi aromático, que

se emprega como condimento.

es clavo

es clavo de olor

es clavo de especia

en clove

crebanoces s.m. Utensilio similar a unhas tenaces

que se emprega para escachar noces

e outros froitos secos.

gl quebranoces

gl escachanoces

es cascanueces

en nutcracker

crema 1 s.f. Materia graxa do leite.

es crema

en cream

crema 2 s.f. Crema elaborada con xemas de

ovo, azucre, leite e fariña, e aromatizada

con vainilla, canela ou rela de limón, que

se emprega para reencher ou decorar tortas

e pasteis.

gl crema pasteleira

es crema

es crema pastelera

en pastry cream

crema 3 s.f. Sopa de consistencia espesa e textura

uniforme.

es crema

en cream of soup

crema 4 s.f. Bebida cun contido en azucre superior

a 250 g/l e unha graduación alcohólica

comprendida entre 24° e 30°, que no

caso de elaborarse con leite concen trado ou

nata e augardentes compostas estará entre

15° e 18°.

es crema

en cream

en crème

crema bávara loc.s.f. Doce cremoso elaborado

con ovos, azucre, xelatina e nata batida,

ao que se lle pode engadir froitas ou

aromas, que se prepara tradicionalmente

nun molde en forma de coroa e se serve

frío.

gl crema bavaresa

es bavarois

es crema bávara

en Bavarian cream

crema bavaresa loc.s.f. Véxase: crema bávara

89

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!