28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

preparación s.f. Prato que se elabora seguindo

unhas técnicas culinarias.

es preparación

en preparation

prequentar v.t. Facer funcionar un forno ou

outro aparato similar a unha temperatura

determinada antes de introducir nel o produto

que se desexa cociñar.

es precalentar

en preheat

presa 1 s.f. Cantidade de produto que se pode

agarrar cunha man.

gl presada

gl manchea

es manojo

en handful

presa 2 s.f. Peza de porco, xeralmente de raza

ibérica, que se obtén da parte anterior do

lombo, á altura da escápula, de forma arredondada

e con abundante graxa intermuscular.

es presa

es bola

en fine pork blade fillet

presada s.f. Véxase: presa 1

presentación s.f. Forma de dispoñer os alimentos

antes de servilos.

es presentación

en presentation

presoiro s.m. Substancia coa que se calla un

líquido, especialmente o leite.

gl calleiro

gl callo

es cuajo

en rennet

primeiro prato loc.s.m. Prato que se ofrece

no menú para tomar en primeiro lugar ou

despois dos entrantes ou entremeses.

es primer plato

en first course

priorato s.m. Viño tinto elaborado na provincia

de Tarragona, principalmente a partir das

uvas garnacha tinta e cariñena, pertencente

á denominación de orixe homónima.

es priorato

en Priorat

probar v.t. Véxase: degustar

probiótico s.m. Alimento que contén microorganismos

vivos e que, ao ser inxerido en cantidades

axeitadas, causa un efecto positivo no

200

organismo, equilibrando a flora intestinal e

mellorando o sistema inmunolóxico.

es probiótico

en probiotic

produto alimenticio loc.s.m. Véxase: alimento

profiterol s.m. Doce de forma arredondada,

similar á chula, que se coce no forno, se reenche

de crema ou outros ingredientes e se

cobre con chocolate.

es profiterol

en profiterole

proteico, proteica adx. Que contén proteínas.

gl proteínico, proteínica

es proteico, proteica

es proteínico, proteínica

en proteinaceous

proteína s.f. Substancia orgánica constituída

pola unión de aminoácidos, que se encarga

fundamentalmente da formación de estruturas

orgánicas.

es proteína

en protein

proteínico, proteínica adx. Véxase: proteico,

proteica

provolone s.m. Queixo de orixe italiana, elaborado

con leite de vaca, coa codia lisa,

branda e amarelada e a pasta dura e prensada,

de cor clara, textura firme e sabor

doce ou picante, que adoita comercializarse

en forma cilíndrica ou oblonga.

es provolone

en provolone

pucheiro 1 s.m. Recipiente cilíndrico, de barro

ou outros materiais, de barriga e boca anchas,

máis alto ca largo e normalmente con

dúas asas, que se emprega para cociñar.

es puchero

en stew pot

pucheiro 2 s.m. Recipiente de barro, semellante

a un xerro sen bico, que se emprega

para gardar diferentes alimentos, como o

mel ou a manteiga.

es puchero

en jar

pucheiro 3 s.m. Preparación similar ao cocido

ou á potaxe, que admite diversos ingredientes

segundo a receita seguida.

es puchero

en stew

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!