28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

quenos e escasos, que adoita comercializarse

en forma cilíndrica.

es queso manchego

en Manchego

queixo relado loc.s.m. Queixo esmiuzado

que se obtén ao relar queixos de consistencia

dura ou semidura e que se lles engade a

certas preparacións para darlles sabor.

es queso rallado

en grated cheese

queixo San Simón da Costa loc.s.m.

Queixo de orixe galega, elaborado con leite

de vaca das razas rubia galega, pardo-alpina,

frisoa ou cruzamentos destas, coa

codia dura, de cor ocre e afumada con madeira

de sabugueiro e a pasta semidura,

prensada e amarelada, que adoita comercializarse

en forma cónica.

Nota: A denominación procede da parroquia

de San Simón da Costa (Lugo), onde

se elaboraba orixinariamente.

es queso San Simón da Costa

en San Simón da Costa cheese

queixo semidesnatado loc.s.m. Queixo que

contén unha cantidade de graxa comprendida

entre o 10% e o 25% sobre o extracto

seco total.

es queso semidesnatado

en low-fat cheese

queixo semigraxo loc.s.m. Queixo que contén

unha cantidade de graxa comprendida

entre o 25% e o 45% sobre o extracto seco

total.

es queso semigraso

en half-fat cheese

quenelle s.f. Preparación de orixe francesa,

similar a unha albóndega, pero de forma

oblonga, que se elabora con carne ou peixe

picados e ligados con ovo e fariña ou pan.

es quenelle

en quenelle

quenlla 1 s.f. Peixe cartilaxinoso de gran tamaño,

que pode acadar máis de 3 m de lonxitude,

de corpo alongado e fusiforme, co

dorso de cor azul escura, flancos máis claros

e ventre abrancazado, dúas aletas dorsais,

a primeira máis grande que a segunda,

aletas pectorais longas e estreitas, aleta

caudal asimétrica, co extremo superior

máis desenvolvido, cinco pares de fendeduras

branquiais, fociño prolongado e agu-

zado, ollos redondos e dentes triangulares

co bordo serrado.

gl tiburón azul

es tintorera

es tiburón azul

en blue shark

NC Prionace glauca

quenlla 2 s.f. Véxase: tiburón

quentapratos s.m. Moble provisto dun sistema

calefactor que se emprega para quentar

os pratos.

es calientaplatos

en plate warmer

quentar 1 v.p. Véxase: quecer

quentar 2 v.t. Facer que un alimento, líquido

ou preparación aumenten de temperatura

expoñéndoos á acción da calor.

es calentar

en heat

quente adx. Que ten unha temperatura superior

á normal ou esperada.

es caliente

en hot

quesadilla s.f. Prato típico mexicano, elaborado

cunha tortilla dobrada pola metade e

reenchida principalmente de queixo, que se

quenta ata que este se funde.

es quesadilla

en quesadilla

quiche s.f. Preparación elaborada cunha base

de masa cuberta de diversos ingredientes,

principalmente ovos, leite ou nata e verduras

ou carne, e cocida no forno.

es quiche

en quiche

quinoa s.f. Semente da planta do mesmo

nome (Chenopodium quinoa), de forma

arredondada e cor abrancazada, moi utilizada

na cociña andina.

Nota: Adoita considerarse un cereal, a

pesar de que a planta non pertence á familia

das gramíneas.

es quinua

en quinoa

quinto s.m. Botella de cervexa de aproximadamente

20 cl.

es botellín de cerveza

es quinto de cerveza

en small bottle of beer

205

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!