28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en Brussels sprout

col lombarda loc.s.f. Véxase: lombarda

cola 1 s.f. Semente da planta do mesmo nome,

do xénero Cola (especialmente Cola acuminata

e Cola nitida), da que se obtén un

extracto con propiedades estimulantes utilizado

para a elaboración de bebidas.

gl noz de cola

es cola

es nuez de cola

en cola nut

en kola nut

cola 2 s.f. Bebida elaborada con auga, carbonatada

ou non, extractos de cola e azucres.

es cola

en cola

cola de peixe loc.s.f. Xelatina que se obtén

da vexiga natatoria de certos peixes, especialmente

do esturión, e que se utiliza na

industria alimentaria como axente clarificador

dos viños ou xelificante.

gl ictiocola

es cola de pescado

es ictiocola

en isinglass

colación s.f. Comida lixeira.

es colación

en collation

coliflor s.f. Inflorescencia da col do mesmo

nome (Brassica oleracea var. botrytis),

compacta, carnosa e de cor abrancazada,

que se consome cocida.

es coliflor

en cauliflower

coliflor de monte loc.s.f. Cogomelo en

forma de esponxa, co pé curto, abranca -

zado e enterrado no substrato, do que saen

numerosas ramificacións de cor crema, rizadas

e enlazadas entre si, de sabor doce e

olor anisado.

es seta coliflor

es clavaria rizada

en cauliflower mushroom

NC Sparassis crispa

colinabo s.m. Raíz da planta do mesmo nome

(Brassica napus var. rapifera), de forma

esférica e tuberosa, coa pel de cor aparda -

zada e a carne amarela ou abrancazada, de

sabor doce, que pode consumirse crúa ou

cociñada.

es colinabo

en swede [GB]

en rutabaga [US]

colirravo s.m. Talo engrosado da planta do

mesmo nome (Brassica oleracea var.

gongyloides), carnoso e de forma esférica,

de cor verde clara ou violácea, que se pode

consumir cru ou cociñado.

es colirrábano

en kohlrabi

colleita s.f. Ano en que se recolleron as uvas

que se utilizaron para elaborar un viño.

gl anada

es cosecha

es añada

en vintage

colloufa s.f. Glándula sexual masculina de

certos animais de abasto, especialmente do

carneiro e do becerro, que adoita consu -

mirse rebozada e frixida.

Nota: Úsase máis en plural.

gl testículo

es criadilla

en testicle

colorante s.m. Aditivo que se lles engade a

certos alimentos para darlles cor.

es colorante

en food colouring [GB]

en food coloring [US]

combinado s.m. Mestura de diversas bebidas

alcohólicas.

es combinado

es combinación

en cocktail

comedor s.m. Sala onde se come.

es comedor

en dining room

comensal s.m./f. Cada unha das persoas que

comen na mesma mesa.

es comensal

en diner

comer 1 v.t. Inxerir alimentos.

Nota: Úsase tamén como absoluto.

es comer

en eat

comer 2 v.t. Véxase: xantar 1

comestible s.m. Produto apto para o seu consumo.

es comestible

en foodstuff

83

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!