28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

que se emprega na industria alimentaria

como espesante.

Nota: Número CE: E-407

gl carraghenano

es carragenano

es carragenina

en carrageenan

en carrageenin

en carrageen

en carragheen

carrapucho s.m. Alga vermella que pode

acadar 15 cm de lonxitude, co estipe curto

e iridescente, de consistencia cartilaxinosa,

dividido dicotomicamente e coas marxes

onduladas, que se emprega na industria alimentaria,

en particular na láctea, como espesante

e xelificante.

gl pata de galiña

es musgo de Irlanda

en Irish moss

en carrageen

en carragheen

NC Chondrus crispus

carrasca brava loc.s.f. Alga verde que pode

acadar 40 cm de lonxitude, de estipe cilíndrico

con ramificación dicotómica e textura

esponxosa e aveludada.

gl ramallo de mar

es ramallo de mar

en velvet horn

NC Codium tomentosum

carré s.m. Peza que se obtén da parte anterior

do costelar de certos animais de abasto,

principalmente de ovino, de forma cua drangular

e cun número variable de costelas.

es carré

en rack

carro de servizo loc.s.m. Carro que se emprega

para transportar alimentos ou bebidas

e presentárllelos aos clientes.

es carro de servicio

en service trolley

carta s.f. Lista de pratos ou bebidas que un

establecemento hostaleiro lles ofrece aos

seus clientes, e na que se inclúen os prezos

correspondentes.

es carta

en menu

carta de viños loc.s.f. Lista de viños que o

restaurante lles ofrece aos seus clientes,

polo xeral cos prezos correspondentes.

es carta de vinos

en wine list

cártamo s.m. Planta herbácea de talo abrancazado,

follas coriáceas, lanceoladas e espiñentas,

flores avermelladas en capí tulos e

sementes ovadas de cor branca, da que se

utilizan as flores desecadas como colorante

alimentario e as sementes para a obtención

de aceite.

es cártamo

es alazor

en safflower

NC Carthamus tinctorius

caruncho do millo loc.s.m. Véxase: carbón

carvea s.f. Planta herbácea de talo ramificado,

follas lanceoladas, flores brancas en umbela,

froito ovoide aromático e raíz fusiforme,

da que se utilizan principal mente os

froitos como condimento.

gl carvén

gl carvés

es alcaravea

en caraway

NC Carum carvi

carvén s.f. Véxase: carvea

carvés s.f. Véxase: carvea

cascarolo s.m. Véxase: caracol

casco s.m. Botella de determinadas bebidas

cando está baleira.

es casco

en empty

cassis s.m. Véxase: crema de grosellas negras

castaña s.f. Froito en noz do castiñeiro (Castanea

sativa), con forma de corazón, pel

coriácea de cor marrón escura e carne

abrancazada, que está protexido por unha

cuberta espiñenta, o ourizo.

es castaña

en chestnut

en sweet chestnut

castaña maia loc.s.f. Castaña pelada e secada

ao fume.

gl castaña maiola

es pilonga

es castaña pilonga

en dried chestnut

castaña maiola loc.s.f. Véxase: castaña maia

castañeta s.f. Peixe azul de corpo alto e comprimido

lateralmente, co dorso de cor gris

escura, ventre e costados prateados, cabeza

arredondada e boca oblicua.

69

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!