28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en stone milk cap

NC Lactarius salmonicolor

níscaro de sangue loc.s.m. Cogomelo co

sombreiro convexo cando é novo e aplanado

na madurez, deprimido no centro e de

cor alaranxada, xeralmente con bandas

concéntricas máis escuras, pé curto e cilíndrico,

máis estreito na base e de cor rosa

con tonalidades violáceas, e carne de sabor

amargo ou lixeiramente picante, que exsuda

un látex vermello.

es níscalo de sangre vinosa

en bleeding milk cap

en bloody milk cap

NC Lactarius sanguifluus

níxaro s.m. Véxase: néspera

nixo s.m. Véxase: néspera

no seu punto 1 loc.adx. Referido a un alimento

ou preparación, condimentado ata

acadar o seu grao óptimo de sabor.

Nota: Úsase tamén como locución adverbial.

es al punto

es en su punto

en à point

no seu punto 2 loc.adx. Referido especialmente

á carne, cociñada moderadamente,

de forma que o exterior mostre unha cor

dourada e o interior avermellada.

es al punto

es en su punto

en à point

no seu zume loc.adx. Referido a un alimento,

preparado no líquido que solta durante a

cocción.

Nota: Úsase tamén como locución adverbial.

es en su jugo

en au jus

nori s.m. Alga vermella do xénero Porphyra,

que pode acadar 1 m de lonxitude, fixada ao

substrato por un pequeno disco basal e coa

lámina alongada ou arredondada, segundo

as especies, fina e translúcida e de consistencia

cartilaxinosa, que adoita comercializarse

deshidratada en forma de follas.

es nori

en nori

nota de pedimento loc.s.f. Orde de pedido

onde se anotan a comida e bebida que solicitan

os clientes.

es comanda

en order

noz s.f. Froito en drupa da nogueira (Juglans

regia), cunha casca leñosa dividida en dúas

metades, que garda no seu interior unha semente

carnosa e comestible, de forma irregular,

cor amarelada e sabor algo amargo.

gl concho

gl croucho

es nuez

en walnut

noz de cola loc.s.f. Véxase: cola 1

noz de macadamia loc.s.f. Froito en noz de

diversas plantas do xénero Macadamia (especialmente

Macadamia integrifolia), similar

á abelá, coa casca pequena e arredondada

de cor acastañada, que garda no

seu interior unha semente comestible, de

cor abrancazada e sabor doce.

es nuez de macadamia

en macadamia

en macadamia nut

noz do Brasil loc.s.f. Froito en cápsula da

planta Bertholletia excelsa, coa casca

grande, moi dura e de cor parda, que garda

no seu interior varias sementes comestibles

con forma de media lúa e cor abrancazada,

recubertas dunha pel acastañada.

es nuez del Brasil

es coquito del Brasil

en Brazil nut

noz moscada loc.s.f. Semente da planta Myristica

fragrans, desprovista do arilo que a

envolve, de aspecto coriáceo, forma ovoide

e cor parda, que se emprega como condimento

e que adoita comercializarse enteira

ou en po.

es nuez moscada

es nuez de especia

en nutmeg

noz pacana loc.s.f. Véxase: pacana

nutrición s.f. Conxunto de procesos que interveñen

na dixestión dos nutrientes e na

súa asimilación polo organismo.

es nutrición

en nutrition

nutricional adx. Pertencente ou relativo á nutrición.

es nutricional

en nutritional

nutriente s.m. Substancia orgánica ou inorgánica

presente nos alimentos e que o or-

169

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!