28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

morcilla s.f. Embutido elaborado cunha mestura

de sangue de porco e outros ingredientes,

como cebola, azucre, miolo de pan

ou arroz, que se embucha xeralmente na

tripa grosa do porco e se somete a un proceso

de cocción.

es morcilla

en black pudding [GB]

en blood pudding [GB]

en blood sausage [US]

morcón s.m. Embutido cru elaborado cunha

mestura de carne de porco e touciño, sazonada

con sal, pemento e outros condimentos

e aditivos, amasada e embuchada no

cego do mesmo animal e sometido a un

proceso de curación.

es morcón

en caecum-stuffed chorizo [GB]

en cecum-stuffed chorizo [US]

morea s.f. Peixe azul similar á anguía, co

corpo alongado e case cilíndrico, de aproximadamente

1 m de lonxitude, sen escamas

e de cor castaña con manchas amarelas

e abrancazadas, cabeza pequena e boca

grande con dentes aguzados.

es morena

en moray

en moray eel

NC Muraena helena

mornear 1 v.t. Véxase: temperar 1

mornear 2 v.i. Véxase: temperar 2

morno, morna adx. Que non está nin frío

nin quente.

gl temperado, temperada

gl tépedo, tépeda

es templado, templada

es tibio, tibia

en tepid

en lukewarm

morote s.m. Véxase: amorodo

morrillo s.m. Peza de vacún maior que se

obtén da parte anterior do lombo e posterior

do pescozo, considerada de terceira categoría.

es morrillo

en beef hump

morro s.m. Parte da cara de certos animais de

abasto, especialmente do porco e do vacún,

que comprende a boca e o nariz e que

adoita consumirse cocido.

gl fociño

es morro

es hocico

en snout

morruncho s.m. Ostra de pequeno tamaño,

coas cunchas arredondadas e rugosas, unha

cóncava e a outra plana, de cor marrón

clara, con raios rosados e numerosas liñas

concéntricas.

es morruncho

en dwarf oyster

NC Ostrea capsa

mortadela s.f. Embutido de orixe italiana,

elaborado cunha mestura de carne picada

de porco ou de porco e vacún e touciño, sazonada

con sal e outros condimentos e aditivos,

embuchada nunha tripa natural ou artificial

e sometida a un proceso de cocción.

es mortadela

en mortadella

morteiro s.m. Recipiente en forma de cunco

onde se machucan certos alimentos para reducilos

a po ou a unha pasta.

es mortero

es almirez

en mortar

morzoa s.f. Véxase: moega 1

moscatel s.m. Xerez de cor castaña, denso e

moi doce, elaborado principalmente coa

uva do mesmo nome, sometido a un proceso

de fermentación parcial e crianza oxidativa,

cun contido en azucre comprendido

entre 400 e 500 g/l e unha graduación alcohólica

comprendida entre 15° e 22°.

es moscatel

en muscat

en muscatel

moscatel de Alexandría loc.s.f. Uva branca

orixinaria de Exipto, de gran tamaño,

forma esférica e pel de grosor medio de cor

verde amarelada, utilizada como uva de

mesa, para a produción de pasas e para a

elaboración de viños, especialmente das

denominacións de orixe Xerez, Málaga e

Valencia.

gl moscatel de Málaga

es moscatel de Alejandría

es moscatel de Málaga

en muscat of Alexandria

moscatel de bago miúdo loc.s.f. Uva

branca orixinaria de Grecia, de pequeno tamaño,

forma esférica e pel fina de cor amarela

dourada, utilizada especialmente para

163

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!