28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ibérico, ibérica adx. Referido a un produto

ou peza que se obtén de porcos onde só un

dos proxenitores é de raza ibérica.

es ibérico, ibérica

en Iberian

ibérico puro, ibérica pura loc.adx. Referido

a un produto ou peza que se obtén de

porcos onde ambos os dous proxenitores

son de raza ibérica.

es ibérico puro, ibérica pura

en pure Iberian

ictiocola s.f. Véxase: cola de peixe

idiazábal s.m. Queixo orixinario do País

Vasco e Navarra, elaborado con leite de

ovella das razas lacha ou carranzana, coa

codia dura e lisa, de cor variable entre o

amarelo claro e o pardo, e a pasta dura e

prensada, abrancazada e con escasos ollos,

que adoita comercializarse en forma cilíndrica.

Nota: A denominación procede do concello

de Idiazabal (País Vasco), onde se elaboraba

orixinariamente.

es idiazábal

en Idiazabal cheese

infusión s.f. Bebida que se obtén ao somerxer

unha substancia vexetal en auga moi

quente, co fin de extraer os seus compoñentes

solubles.

es infusión

en infusion

infusor de té loc.s.m. Utensilio de formas variadas,

perforado e xeralmente de metal,

onde se introducen as substancias que se

queren infusionar.

es infusor de té

en tea infuser

ingrediente s.m. Calquera compoñente utilizado

na elaboración ou preparación dun

produto alimenticio.

i

es ingrediente

en ingredient

inmaturo, inmatura adx. Véxase: verde

insípido, insípida adx. Que non ten sabor ou

que ten moi pouco.

gl insulso, insulsa

gl eslamiado, eslamiada

es insípido, insípida

es insulso, insulsa

es soso, sosa

en tasteless

en insipid

instantáneo, instantánea adx. Que se fai

no momento.

es instantáneo, instantánea

en instant

insulso, insulsa adx. Véxase: insípido, insípida

integral 1 adx. Referido a un cereal, que non

foi escascado e que conserva todas as súas

propiedades.

es integral

en husked

en hulled

integral 2 adx. Referido a un alimento, que foi

elaborado con cereais que non foron escascados

e conservan todas as súas propiedades.

es integral

en wholegrain

intestino s.m. Véxase: tripa

iogur s.m. Produto de leite callado obtido por

fermentación láctica mediante a acción de

Lactobacillus bulgaricus e Streptococcus

thermophilus.

es yogur

en yogurt

en yoghurt

en yoghourt

133

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!